días contados

cid cabido, Xosé

 

Editorial Xerais

Localizacións

Venezuela. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VENEZUELA

Aínda non eran as dez e dez cando o contable aparcou o coche na rúa Venezuela, fronte a unha das portas laterais do Corte Inglés. Entrou no Caballo rojo, pediu unha caña e púxose a ler o periódico.

Xeolocalización

42.213001298821005, -8.73506471742281

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Balaídos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BALAÍDOS

-Probamos con un por Balaídos. Non saíu. Agora estamos con outro en Castrelos e pasa o mesmo.

Xeolocalización

42.213001298821005, -8.73506471742281

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Porta do Sol. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTA DO SOL

Estou na Porta do Sol e a farmacia máis próxima é a de Príncipe. Boto unha carreira, empeza a chover (ou viceversa).

Xeolocalización

42.23814724281723, -8.725446673241903

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Sinopse

Os doce relatos que compoñen Días contados procuran diferentes olladas sobre arealidade inmediata, maiormente urbana, de xeito que o autor imaxina compatible, coexistente, un mundo real e facilmente nomeable con outros mundos, xa menos definidos ou desdebuxadamente concretos, que se insinúan co sorriso da ironía por cebo.Cid Cabido percorre unha cidade con rúas e bares e comercios que se chaman coma as rúas e bares e comercios de Vigo, pero que ademais representan calquera espacio urbano, calquera outro labirinto semellante onde a noite facilite a metamorfose necesaria dun contable mentres alguén se ocupa de lavar os contedores do lixo; onde os buzóns poden gardar seres vivos ou converterse na entrada secreta que conduce a outra cidade baixo a cidade; onde os trasteiros dun edificio calquera son como trampas contra a normalidade cotiá; onde a beleza inalcanzable en forma de farmacéutica se pon demasiado a tiro para ser tan simple; ou onde os periódicos anuncian grandes remedios para grandes males urbanos coma o illamento, as carencias afectivas e a soidade máis insoportable.Unha intención parece atravesar estas doce historias: a realidade non é nin moito menos un producto acabado, pode reproducirse por abandono ou perfeccionarse ata o límite en que xa non conserva un só elemento tranquilizador. Pero a realidade merece ser sospeitada dende esa constante desviación de si mesma.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 02

Casco Vello

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

1991

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Venezuela

Cruce con Gran Vía

Liña 7

Venezuela

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar