López d’a Silva, Francesca

Ferrol, 1968

Nada en Ferrol, aínda que viguesa de adopción.

Fotografía: arquivo da autora

Biografía

Expansiva actitude poética e vital. A súa experiencia literaria ven da creación de relatos infantis dos que ten a habelencia de crealos simultaneamente con palabras e debuxos da súa autoría, cos que adoita ilustrar os seus libros.
Dende sempre aberta a súa pluma á poesía, a propia, á prosa poética e á descuberta de voces silenciadas de mulleres. Herdeira a súa particular oralidade da súa avoa materna.

 É autora de Pequeño diccionario equivocado. Editorial Elvira, 2011, Dragóns no Caurel. Editorial Elvira, 2013 , El duende de las lenguas que se traban. Editorial Elvira, 2014 , El niño que descubrió el bolsillo de su abuela Lela, 2016, Nerón o canciño que roda por Vigo. Editorial Elvira, 2017 e A raposa muiñeira de Clara do Roxo. Ilustracións de Francesca d´a Silva. Editorial Elvira, 2024. Ademais colaborou na Revista do Courel, 2012 e Oroza 100. AC ÉvameOroza, 2023.

Bibliografía: autora

Parada bibliográfica

Nerón, o canciño qeu roda por Vigo. Francesca López d'a Silva, autora do Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.

Nerón, o canciño que roda por Vigo

Nerón roda pola cidade na súa cadeira de rodas e sen querer lémbranos o importante que é o vencello cos animais. Unha historia de superación que se converte nunca forma de educar os máis pequenos no respecto e na diversidade.

Edición en galego

Editorial Elvira

1ª edición

2017

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Liña Circular