dona problemas
hematocrítico
Editorial Xerais
Localizacións

CELTA DE VIGO
UN LATERAL DEREITO DO CELTA DE VIGO
Ao día seguinte acudiu a nós un rapaz do meu curso que se chama Ricardo.
—Estou xuntando o álbum da liga —díxonos— e soamente me falta un dos adhesivos. O que pasa é que a estas alturas do curso xa non colecciona ninguén. Todo o mundo completou os equipos ou abandonou. Pero eu non, e estou que toleo.
—Entendo… A verdade é que non teño nada desta colección —explicoulle Carlota—. Tiven, pero ao non estar xa de moda, ocupábame un espazo importante na mochila e na casa.
—Chámase Kevin Vázquez. É xogador do Celta de Vigo. É o cromo número 89.
—Moi ben —dixo Carlota—. Recibirás noticias miñas.
Xeolocalización
42.236448248497595, -8.722166631271898
Liña literaria
E Liña Especial
Sinopse
A Carlota todo o mundo a coñece como «Dona Problemas», porque se dedica a resolver os incidentes que padecen os alumnos e alumnas do seu colexio: unha mochila estragada por un iogur que se derramou dentro, un cromo que non se dá conseguido ou un veciño que escoita a tele a todo volume e non deixa durmir. Non hai nada que se resista aos recursos e ao enxeño de Carlota e do seu axudante Xoán. Ou si? Porque sempre hai problemas máis difíciles de solucionar ca outros…
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editorial Xerais
Edición en castelán
Editorial Anaya Infantil y Juvenil
1ª edición
2023
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Afección do Celta
Cortesía © Miguel Núñez
Liña Especial
Celta de Vigo
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.