Os dous de sempre

Castelao

 

Editorial galaxia

Localizacións

Vigo panorámica Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

—¡Panarra! ¡Plepa! ¿Coidas que vas vivir á conta da miña filla? ¡Ai, eso si que non! Xa te podes ir preparando para colleres un barco en Vigo; xa lle podes escrebir a ese curmán que tes alá porque…
Nesto a siña Filomena reparou que Pedro miraba para ela e… ¡pum…! escalfoulle na cara un fregaduxo mollado.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

O desventurado Pedro foi embarcar a Vigo, cunha mala de cartón por única compañeira. Nin a sogra nin a muller nin os fillos deitaron unha verba de agarimo na despedida.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Ribeira do Berbés. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BERBÉS

—¡Ai, por eso que gusto dá facer todo en gracia de Deus!
Pedro non pegou ollo e, canso de bulir nas sabáns, ergueuse do leito e botouse polas rúas adiante. Sen procuralo, chegou ó Berbés no intre en que o día loita coa noite.
Os faroles municipaes, choscos de sono, alumean aínda. Nas motoras atracadas brilan os peixes de prata. As mulleres, arrefeigadas van e veñen patuxan- do cos pés descalzos na la­ma gris e marulleira.

Xeolocalización

42.23772571951664, -8.729228088430586

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Lonxa de Vigo Porto de Vigo Porto pesqueiro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas. fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

LONXA DE VIGO

Na lonxa hai un bruído abrouxador; chíos de mulleres e orneos de homes; as voces dos vendedores parece que contan o tempo ó rivés: ¡doce!, ¡once!, ¡dez!, ¡no­ve!, ¡oito…! Pasan en caixóns os peixes, a centos, a milleiros, a millóns. Siguen atracando novas motoras, acuguladas de peixes grandes como arroaces. Algúns peixes traen ollos redondos e brilantes coma lúas cheas. Os mariñeiros veñen con barbas de quince días, cos ollos adoecidos de sono, semellantes a náufragos. Os faroliños dos barcos bambéanse á randeeira. E no borde do peirán hai unha rapaciña chuchada pola fame, cunha caldereta nas mans, pregando sen acougo:
—Mariñeiros de bo corazón, ¡botádeme un peixe!
Nas grandes casas de acolá enriba durmen, enxoitas, as xentes de terra.

Xeolocalización

42.239118306990285, -8.733668062564886

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BERBÉS

Aquel anticipo da realidade americán foi unha pedrada na concencia do malpocado emigrante, que se liscou do Berbés para enzoufarse nas regalías do almorzo.
Cando daban as once da mañán, o trasatlántico recebía no bandullo a Pedro, como unha balea pode engulir un xurelo. como unha balea pode engulir un xurelo.

Xeolocalización

42.23772571951664, -8.729228088430586

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Ría de Vigo Transatlántico Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

RÍA DE VIGO

DENDE A RÍA DE VIGO ÁS PAMPAS ARXENTINAS
O viaxe de Pedro pouco ten que contar. Embarcouse parvo de medo, cun esvaído sentimento de morriña que nin tan siquera desentoñou do fondo da súa carne a natural tristura das despedidas. O barco desviábase da terra e Pedro seguía co corazón no peito, inconscente, a mira-las gaivotas; dispois enfiou os ollos no ronsel que quedaba no mar e adormentouse debruzado na baranda de popa.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Sinopse

Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos nosos lectores, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

1934

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Porto de Vigo

Porto pesqueiro – Lonxa, poxa

Liña 8

Lonxa de O Berbés

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar