Alonso, Fran
Ed. Xerais
NOVA OLIMPIA
Chovía aos poucos e as rúas estaban bastante molladas. Saín do Nova Olimpia e botei a camiñar amodo para non esvarar con aqueles tacóns.
Localización | Coordenadas |
enlace | 42.236912745921465, -8.719768344263432 |
DOBRADA
A min o medicamento este deumo o médico, ¿non sabe?, o doutor Cuíñas, ha de saber, de aí da Dobrada, do ambulatorio, élle moi bo médico, eh, dos melloriños, pois ben, o medicamento deumo el…
Localización | Coordenadas |
enlace | 42.22906727514441, -8.70917125092646 |
ÁLVAREZ
…voulle a explicar, eu sonlle de aí de Cabral, e claro, o meu home anda á viruta -virou o corpo e sinalou para o coche-, e eu ando a traballar no campo, todo o bendito día de deus, que dos fillos ningún me bota unha man, e tampouco poden, traballan en Álvarez,…
PIZARRO
Na farmacia informárana de que en Pizarro había unha clínica dental duns arxentinos que estaba aberta toda a noite. Chamábase Gardiáns Dentais. Non o pensou dúas veces.
AVENIDA DE PEINADOR
Vista desde a Avenida de Peinador, a cidade semella un corpo que se desangra.
CANDEÁN
Logo de deixar atrás a recta de Candeán, ve como, alá embaixo, as luces das rúas marcan as arterias doridas dun corpo de asfalto e cemento.
RÚA CANTABRIA
Pasa en ámbar o cruzamento da rúa Cantabria, atravesa velozmente o Calvario por Jenaro de La Fuente, apura todos os semáforos de Pizarro e baixa Gran Vía…
PENICHE
De camiño, parou no caixeiro de Peniche para sacar cartos. Aparcou o coche fronte á Caixa de Aforros. Estaba empezando a chover.