Lopo, Santiago
Vigo, 1974
Escritor, profesor e tradutor.
Fotografía: arquivo do autor - medios sociaisBiografía
Como narrador publicou «Game Over» (2007, VI Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia), «Peaxes» (Xerais, 2009), «Hora zulú» (2012, XXIV Premio de novela García Barros), «A Diagonal dos Tolos» (2014, VIII Premio Narrativa Breve Repsol), «A voz das nereidas» (2016), «A arte de trobar» (2017, Premio Xerais de Novela) e «A carteira» (Xerais, 2021).
Bibliografía: Editorial Xerais
Parada bibliográfica

A voz das nereidas
O relato A voz das nereidas afonda no contraste de dous xeitos de entender a vida, representados polas praias e a cidade. O mundo máxico da mitoloxía, das lendas e respectuoso co acontecer do tempo, fronte a un mundo real pero tecnoloxicamente virtual, entregado á superficialidade e ao individualismo.
Edición en galego
Editorial Elvira

A carteira
Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «A carteira» acepta un contrato temporal para repartir o correo na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «Algures». A través dos seus ollos, Santiago Lopo mergúllanos na Galicia urbana e fainos partícipes de todas as dificultades ás que esta traballadora se enfronta no seu día a día.Cun abano de personaxes sorprendentes, o humor, a intriga e a denuncia social mestúranse nunha trama orixinal narrada de forma directa que nos apreixará dende a primeira páxina.
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2021
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo