Son coma glaciares os barcos de aceiro

Menéndez, Cynthia

 

Editorial Galaxia

Localizacións

San Xoán do Monte. Susigraphics - 100x100experimental.com

SAN XOÁN DO MONTE

Unha vez comemos sardiñas en San Xoán. Mollamos no pan as vísceras, bebemos un ribeiro delicioso e cos dedos graxentos deixaches que che acariñase a fronte. Que calor ía a carón das brasas, na asociación de veciños de Lavadores.

Xeolocalización

42.24064683249228, -8.701312165618548

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Ermida da Nosa Señora da Alba. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MONTE ALBA

Oxalá se queimen as tarefas da escola, dixen eu, oxalá prendan lume e desaparezcan e por combustión espontánea tamén as do resto de compañeiros e suspendan o examen do venres e marchemos de excursión ao monte Alba.

Xeolocalización

42.173741951129166, -8.735829724535991

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Beiramar. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BEIRAMAR

Deste xeito plantáronse todos no centro de Vigo para berrarlles aos que por alí pasaban que a loita non era só deles, senón dos fillos dos fillos dos fillos e amén. Que a loita era de todo Vigo e cos cascos na man, solemnemente rogáronlles aos cidadáns que o día 18 de decembro se unisen á gran manifestacion por senón ían vendernos enteiros de Europa e en Beiramar ía pasar o tren Chuchú e encherían todo de hotelitos.

Xeolocalización

42.235365728656866, -8.733284093113626

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

MARCO, rúa do Príncipe

MARCO

As carreiras, os recreos, o sexo. Ti e mais eu, Laura, entrada xa a madrugada no centro de Vigo. Fixémolo na rúa, detrás do Museo do Marco, onde tantas veces tomaba café. Fixémolo no Marco, xusto debaixo da luz dun farol.

Xeolocalización

42.23576123570263, -8.721132457741655

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Real Club Celta. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

CELTA DE VIGO

A miña avoa e mais eu levabamos cirios porque eramos discretos e porque pediamos en xeral. Ela dicíame que podías pedir de todo, coma os desexos dos xeados na praia ou ao soprar un dente de león. Así que eu pedía polo Celta, por Michel Salgado, por Valeri Karpin, por Mazinho. Eu pedía por Balaídos que era o máis grande que había nesta terra gris.

Xeolocalización

42.236448248497595, -8.722166631271898

Liña literaria

E Liña Especial

Porto de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTO DE VIGO

ÁS VECES, de nenos, os venres iamos buscar a pai ao porto e nais sempre quería chegar cedo para así ter algo de tempo e agardar.[…] Eran os 90 e no porto aquel que tiña un momento libre gastábao en La Rubia café bar.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Edificio Sanchón, Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

FARO DE VIGO

Nós nunca comiamso en La Rubia, pai si, Pai e os compañeiros baixaban moitos días ata alím pero eu sabía igualmente que estaba todo delicioso porque coa cervexa da nai sempre servían un anaco de tortilla descomunal. A entrada era verde e estreita. Había unha barra longa que ocupaban aqueles que lían o Faro ou tomaban o café antes de marchar.

Xeolocalización

42.2375505577893, -8.723024188548413

Liña literaria

E Liña Especial

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RÍA DE VIGO

De día, Suso o Italiani pescaba anguías na ría de Vigo, onde morre o río Verdugo. Tisabes o que é arte? A arte da pesca, rapaz, dicíame mentres me agarraba da camisa. Dábame máis medo que as anguías que eran feas coma o demo e aínda máis negras.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Pabellón As Travesas. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

POLIDEPORTIVO DAS TRAVESAS

Alonso xogaba ao balonmán no Pilotes Posada e moitos domingos acudiamos ao polideportivo das Travesas para velos xogar. Era bo Alonso, era boísimo. Era bo Alonso, era boísimo. Voceaban o seu nome moitas voces e entregabámonos ao berro e bailabamos e batiamos as palmas. ALONSO, CAPULLO, QUEREMOS UN HIJO TUYO.

Xeolocalización

42.221011385158626, -8.732405267344431

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Estación de tren de Vigo. Vialia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ESTACIÓN DE TREN

O Venres 12 de decembro o equipo plantouse na estación de tren para parar o tráfico e amosar así a total oposición á venda do estaleiro. Chegaron andando, como chegaban a todos os puntos de Vigo, camiñando, facendo camiño, como un verme xigante e azul devorando o cemento.

Xeolocalización

42.23454198605381, -8.71376122376149

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Almas perdidas Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas.

QUIOSCO DAS ALMAS PERDIDAS

OUTRAS VECES XOGÁBASE no barrio do Berbés e arrincaba o partido na terraza das Almas Perdidas, fronte á lonxa. As Almas perdidas, o bar do porto, o tránsito pero o estatismo, os inmigrantes, os mariñeiros, os parias. Non se ve se non o buscas o pavillón do Berbés. Estaba somerxido baixo terra como arrincando do mar estaba todo o que ofrecían de madrugada na lonxa.

Xeolocalización

42.23925358558631, -8.73173243011506

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Ribeira do Berbés. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BERBÉS

O Berbés extramuros. O Berbés máis aló da muralla. O Berbés contra os piratas, contra os ingleses. Estaba antes que Vigo o Berbés e non era máis que un ananco de terra, como o era todo, un anaco de terra onde estendían as redes os mariñeiros. Secaban as redes, e as algas tamén, para facer esterco. Monstros de agua salgada. Un mar de xente.

Xeolocalización

42.23772571951664, -8.729228088430586

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Areal Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

AREAL

De maiores Cris quería ser veterinaria. Eu quería ser aparcacoches como os preas do Areal. Todo o día co chándal, sen horarios, axudando os demais sen cobiza, papando empanadillas do Gadis, 2 x 01, unha para Cris e outra para min para sempre.

Xeolocalización

42.23911236949427, -8.715359115413825

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Estaleiros de Vigo, Beiramar Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ESTALEIRO

O ESTALEIRO por dentro era coma unha balea por dentro. Nunca estiven dentro dunha balea como tampouco estiven de verdade dentro do estaleiro. Asistín á súa estructura, mirei para arriba e comtemplei as gradas e os barcos, baixei para ver as máquinas, de esguello albisquei as oficinas, pero unha vez fóra volvín perdelo todo fronte á inmensa porta de metal.

Xeolocalización

42.22614652584832, -8.739536509262075

Liña literaria

E Liña Especial

Nadal Vigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

NADAL DE VIGO

Baixabamos todos ardendo coma a sopa de nai, coma a lava dun volcán, dende a praza de España, ao redor dos cabalos tinguidos polos lumes vermellos das bengalas, por debaixo das luces de BO NADAL, pola Gran Vía de Vigo. Atravesabamos o Corte Inglés e no curzamento con Urzáiz uníanse milleiros de persoas que viñan do Calvario e máis adiante, na rúa de Príncipe, con todo o tráfico cortado, non se podía ver onde comezaba e onde remataba a revolución.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

E Liña Especial

Porta do Sol. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTA DO SOL

Achegabámonos á Porta do Sol con máis ganas que ao verán e deixabamos a voz berrando FRAGA, PIQUÉ, A MESMA MERDA É. E a min facíame unha graza enorme ver a Maguí dicindo iso porque era tan guapa e tan grande e tan suave que na súa boca a palabra merda parecía un nome propio.

Xeolocalización

42.23814724281723, -8.725446673241903

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Barrio do Calvario. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

LAVADORES

DE CAMIÑO Á casa había unha liña longa pero recta. Unha liña perfecta de avenida que cruzaba o barrio de Lavadores co Calvario. Cando cheguei á rúa da casa, nai estaba na porta coas chaves do coche na man.

Xeolocalización

42.22656442754392, -8.695558542364664

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Cristo da Vitoria Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CRISTO DA VICTORIA

Miña irmá e mais eu mirámonos e rebotamos as miradas brancas a nai que branca tamén retira da tixola os rapantes. Sentamos á mesa e o silencio inunda a cociña como incenso, a procesión do Cristo. No telexornal falan da fazaña do último partido, clasifícase España para o mundial por un penalti contra os checos.

Xeolocalización

42.239452839424295, -8.726097701922168

Liña literaria

E Liña Especial

Barrio do Calvario. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CALVARIO

E ela enfurruñábase toda e chamábame antisemita e eu non sabía que era antisemita pero contestáballe, son Pedro Antisemita dos Antisemita dos Antisemitas do barrio do Calvario, un pracer coñecela distinguida señorita, e enfadábase moito máis.

Xeolocalización

42.23099877864691, -8.703344498278248

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Ponte de Rande, ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PONTE DE RANDE

Se nadas un pouco, se te afastas algo do peirao, miras a ponte de Rande dende a auga. Tirantes infindos e veña coches a cruzar dun lado a outro.

Xeolocalización

42.28817463236884, -8.66052341556845

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Cines Norte. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MULTICINES NORTE

Laura, o tue pelo rapado e a túa suave cabeza no concerto de Iván Ferreiro na Iguana, Laura, a túa media melena escura na sala do Multicines Norte vendo a última de Polansky.

Xeolocalización

42.23406929537132, -8.711986087444478

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Sinopse

Son coma glaciares os barcos de aceiro é unha novela artesá, soldada con precisión liña a liña, palabra a palabra, como fan os traballadores coas chapas metálicas nas bancadas dos estaleiros.

Unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical a finais dos anos noventa.

Unha ofrenda ao Vigo todo azul, coma os uniformes dos traballadores, coma o ceo de día sobre a ría, coma o ceo de noite por riba dos guindastres, azul coma a lealdade, o compromiso, a nostalxia, a morriña; coma a saudade; azul coma o frío, as baleas baixo a auga azul, coma a tinta, coma o Celta, coma as revoltas obreiras. Coma os glaciares.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 02

Casco Vello

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Liña Especial

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2025

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Beiramar

Estaleiro Hijos de J. Barreras 

Liña 8

Estaleiro Hijos de J. Barreras

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar