Estévez Ansede, Marta

Vigo, 1976

Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, onde reside actualmente.

Fotografía: arquivo da autora - medios sociais

Biografía

Esta é a súa segunda novela despois de El  secreto de las hermanas Asorey (Plaza y Janés, 2023). Tras o éxito de crítica e público  de El  secreto de las hermanas Asorey, volve Marta Estévez con outra saga familiar que abarca tres períodos históricos e transcorre dacabalo entre Galicia e Venezuela.

Unha novela que consagra á súa autora como unha voz imprescindible das letras galegas.

Bibliografía: Editorial Plaza & Janés

Paradas bibliográficas

Marta Estévez Ansede autora do Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

La tercera orilla

Verán de 1986. Ulises, de trece anos, abandona a cidade cos seus avós despois da recaída do seu pai na heroína. Coas rúas revoltas pola reconversión do sector naval en Galicia, unha illa fronte á costa parece o mellor destino para un adolescente. Alí farase amigo de Toya e Onehuevo, cuxos pais tamén sufriron os golpes da droga. Como vinganza, entre os tres planean matar a Leónidas, un narcotraficante que opera na illa. E, mentres levan a cabo o seu obxectivo, un Ulises adulto reflexionará sobre o pasado e as cicatrices que a emigración, o narcotráfico e a crise deixaron en varias xeracións.
Editorial en castelán

Editorial Plaza & Janés