Álen da néboa
Rodríguez villar, pedro
Editorial Xerais
Localizacións

PRÍNCIPE
Fóra da sala do diván vermello, a rúa Príncipe está ateigada de xente. Comeza decembro, van acender as luces de Nadal e as grandes franquías comerciais afían ao máximo as súas promocións.
Xeolocalización
42.23703431895109, -8.722784702078062
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

CHURRRUCA
Aquel día, ao saír da sala, tomou un gofre con nata, chamou os seus amigos do instituto e perdeuse no alcol dos bares de Churruca como fixera contadas veces de mozo.
Xeolocalización
42.23581505299851, -8.717626159594536
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

PORTO DE VIGO
Dende a súa casa de Monteferro ata o porto de Vigo hai máis ou menos vinte e cinco minutos, o suficiente para facer sufrir un pouco as súas cordas vocais.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

LICEO DE BOUZAS
Estaciona o coche no aparcadoiro de Bouzas, en fronte do Liceo Marítimo, e vai paseando polo litoral ollando a galería de estaleiros que hai nesa zona de Vigo. Nótase que viviron tempos mellores, pero algúns aínda manteñen a identidade de ferro que fixo crecer a cidade.
Xeolocalización
42.227131, -8.751939
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

AUDITORIO MAR DE VIGO
Mario dálles as costas aos barcos e, diante del, o Auditorio Mar de Vigo semella un xigante. O sol fai brillar o seu casco prateado e obriga a separar a mirada del, como se intimidara.
Xeolocalización
42.23165801138673, -8.734238439274991
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

BEIRAMAR
Cruza a estrada entre os coches que se adiantan para entrar ao túnel de Beiramar, e, por fin, ve baixar polas escaleiras a Megan co seu paraugas branco.
Xeolocalización
42.235365728656866, -8.733284093113626
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

RÍA DE VIGO
Mario colle os papeis e alí, baixo un ceo azul sucado de gaivotas e co vento do norte entrando pola ría, asina o último verso do seu matrimonio.
Xeolocalización
42.24140308412322, -8.824935816612497
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

ILLAS CÍES
Deixa que os últimos raios de sol o acompañen. As Cíes xa son tres siluetas escuras que refuxian do mar varios cargueiros. Seica, segundo dixeron no telexornal, hoxe hai vento do norte e están as augas bravas.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

LONXA DO BERBÉS
Colle o coche e, sen pensalo moito, conduce ata o porto de Vigo. Sempre quixo coñecer o mar. Pregunta en varios estaleiros e tamén na lonxa por barcos que precisen de tripulación.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO
—Tranquila, é normal que esteas desorientada, pero tes que quedar na cama— di unha delas—. Estás aquí, no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Xeolocalización
42.19030925915999, -8.71582341512781
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

ZONA VELLA
Cando chega á casa, Mario non pode co corpo. Deixouse caer pola zona vella de Vigo e tomou varias cuncas de viño con descoñecidos. Demasiadas.
Xeolocalización
42.239140329742284, -8.727215201394822
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

BALAÍDOS
Abre os caixóns das mesas de noite. Na do seu pai está a radio que o acompañou en todos os partidos do Celta dende que deixou de ir a Balaídos.
Xeolocalización
42.212102326627125, -8.739729944406571
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns
Sinopse
Ata onde estarías disposto a chegar para evitar a tristeza? Mario leva tempo pensando en acabar coa súa vida e decide apuntarse a un novidoso programa de doazóns de felicidade a través do que consegue toda a alegría de Lucky a cambio da súa tristura. Ledicia naceu en Baroña, unha aldea illada por unha densa néboa onde todos deben medrar felices para poder salvar os seus deuses abatidos. Escudriñando as vidas de Ledicia e de Mario descubriremos unha sociedade que, como a nosa, loita por curar a súa tristeza e ansiedade, pero… a que custo?
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 02
Casco Vello
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2024
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Liceo Marítimo de Bouzas
Cortesía Liceo de Bouzas
Liña 5
Liceo de Bouzas
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.