Pedrosa, Elba
Santa Cruz de Tenerife, 1973
é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.
Fotografía: arquivo AELG - Distrito Xermar
Biografía
Traballa como consultora e formadora en creatividade e oratoria para institucións públicas e privadas. Colabora con distintos medios de comunicación. É autora de «Despertando la creatividad» e coautora de «Relatos na Rúa II».
Bibliografía: Editorial Xerais
Paradas bibliográficas

O que non sabías
Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio. Marisa, muller afouta e tenaz, non vai permitir que os erros da mocidade nin os prexuízos lastren o seu destino. A través das lembranzas da adolescencia, o seu fillo Roberto proxecta a admiración incondicional cara a ela e culpa do desacougo ao proxenitor. Esta novela condúcenos por sentimentos confrontados que exploran vidas cotiás e os seus pasados, vidas nas que tamén se agochan inconfesables segredos familiares e momentos complexos, especialmente para as mulleres. «O que non sabías» é unha historia intimista, calma, de miradas significativas, de contrastes e paixóns. Unha procura de liberdade e amor na que o silencio impregna con protagonismo as persoas, e o mar devolve o que un día levou.
Edición en galego
Editoral Xerais