Carreras, Nacho

Vigo, 1990

Xornalista e autor de dúas novelas

Fotografía: arquivo biblioteca Neira Xosé Vilas

Biografía

Autor de dúas novelas: El ángel fiel (2020) e El abrazo del Oso Rojo (2021). Traballou na Canle Tea de Ponteareas, no Concello de Baiona, en medios como Heraldo de Aragón ou diante das cámaras en Seguridade Vital de TVE.

 

Desde hai cinco anos exerce como guionista en programas de televisión como Las mañanas da 1 ou La Hora de la 1. Actualmente é guionista de Mañaneros.

Bibliografía: Roca Editorial, Penguin Libros

Paradas bibliográficas

Marea muerta Nacho Carreras autor do Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Marea muerta

O achado dun cadáver nunha praia interrompe bruscamente a serenidade do paraíso natural das illas Cíes. As gaivotas acurralan co seu macabro voo os restos dun corpo que foi acoitelado e que ten o rostro desfigurado de maneira brutal. Non hai dúbida: entre os habitantes do cámping próximo escóndese un asasino, e a idílica paisaxe non recobrará a calma até atopalo. Nora Pardo, unha detective en horas baixas, vese obrigada a tomar as rendas da investigación e pór a proba as súas capacidades co fin de desenmascarar ao autor do crime. Pero pronto descobre que nunca se enfrontou a algo parecido e atópase atrapada nunha rede de mentiras na que todos, e ningún, parecen culpable.

Editorial en castelán

Roca Editorial