Pel de cordeiro
Costas, ledicia
Editorial Xerais
Localizacións

VIGO
Nunca consegues coñecer esta cidade por completo. Sempre quedan rúas, camiños, escaleiras que xamais pisaches porque é tan fragmentaria coma inabarcable. Vigo é unha superposición de fragmentos. Alguén os coseu e agora vivimos nesta colcha de patchwork chea de cores e texturas. No centro érguense varias xoias arquitectónicas e moitas pegadas do pasado que se aferran á pedra coma marcas do tempo na pel. Na periferia hai quilómetros de verde e casas que semella que alguén colocou mentres xogaba cunha maqueta, é a única expliación a tanto caos e tanta desorde.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

AREAL DE SAMIL
— Estás de broma. No piñeiral de Samil? Non hai un sitio máis cómodo?— Sole tolea.
— No piñeiral de Samil, na área de descanso despois da primeira peaxe na autoestrada, nos baños do Centro Comercial…
Esta cidade é unha mina se sabes onde mirar.
Xeolocalización
42.20925241059118, -8.776423145624376
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

VIGO
O plan é ir a un concerto o venres e regresar o sábado a última hora da tarde. Nada de avión, imos e regresamos en tren pero desde Ourense, que tal e como funcionan aquí aforramos case tres horas de viaxe. Facemos o primeiro tramo desde Vigo en coche, aparcamos preto da estación de tren e desconectamos do mundo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Collo o móbil e poño o seu nome en Google para confirmar que non estou equivocada. Falan dun veciño de Vigo que responde ás súas iniciais e que vive na súa mesma rúa. Escríbolle a unha compañeira da biblitoeca e logo a outra para ver se saben algo e despois tomo aire.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
— Non sei como vou chegar así a Vigo. Se poño roupa no asento do coche igual salvo a viaxe, pero uf…
— Hai que ir a urxencias, Ernes, esquece o coche.
— Por unha regra? Nin de broma.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición galego
Editorial Xerais
Edición castelá
Anaya infantil y juvenil
1ª edición
2024
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Areal de Samil
Cortesía: O Marisquiño
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.