contas de buxo
Fernández fernández, Raquel
Editorial Galaxia
Localizacións

VIGO
En realidade Méndez e Antúnez son pasto das chanzas na comisaría de Vigo. Movidos por unha máis que posible cobiza pola referencia de Antúnez co inspector, son a diana perfecta para as mofas por mor do seu parecido.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Lara asente maila non estar nada convencida do seu regreso a Gondomar. Mais non quere rifar co curmán e pensa que, despois da ducha, mercará un boleto de autobús a calquera lugar menos a Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
E, agora, está alí, sentado na sala da comisaría de Vigo, esperando polo inspector que seica onte pasou todo o santo día preguntando por el. O seu pai semella moi amolado. Parece que esta non lle sairá gratis, por iso non deixa de darlle á perna.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
O inspector bufa canso. Isto vailles complicar un chisco o traballo. Ás veces os medios atrasan máis que axudan. Por esa razón decide volver a Vigo pola tarde e así pór un pouco de orde descartar a posibilidade de que a nena se atope por Ribadero e dille a Silvia que volverá de novo para falar con Anxo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

ILLA CÍES
Ignorando as fermosas vistas das Illas Cíes ao fondo que, como nunha postal, aparecían mentres deixaba o Val Miñor atrás, pensaba noutra ocasión, ía once anos, en que tamén collera o coche co noxo infestándoo por completo.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

RÍA DE VIGO
Só uns minutos despois de que o vehículo de Mario atravesase a ría de Vigo por enriba da ponte de Rande, Antúnez e Méndez saíran da comisaría tamén en dirección a Ribadeo. O inspector en prácticas conducía en silencio, mentres observaba o superior sumido nos seus pensamentos. Pensaba en que podería estar a cavilar […]
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2024
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Ría de Vigo
Vista desde O Castro
Liña 10
Ría de Vigo
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.