del Molino, Sergio
Madrid, 1979
Columnista de El País, e colaborador de Onda Cero Radio, entre outros medios.
Fotografía: editorial Alfaguara, Penguin Libros - web Biografía
Autor, entre outros, do fundamental ensaio narrativo La España vacía (2016), que conseguiu traer o problema do despoboamento á primeira plana da actualidade. Antes gañara os premios Ojo Crítico e Tigre Juan con La hora violeta (2013) e despois alzouse co Premio Espasa grazas a Lugares fuera de sitio (2018).
Ademais, é autor de novelas como La Piel (2020), La mirada de los peces (2017) e Lo que a nadie le importa (2014), e de ensaios como Contra la España vacía (2021).
Bibliografía: Editorial Alfaguara, Penguin Libros
Paradas bibliográficas

Los alemanes
En 1916, en plena Primeira Guerra Mundial, chegan a Cádiz dous barcos con máis de seiscentos alemáns provenientes de Camerún. Entregáronse na fronteira guineana ás autoridades coloniais por ser España país neutral. Instalaranse, entre outros sitios, en Zaragoza e formarán alí unha pequena comunidade que xa non volverá a Alemaña. Entre eles estaba o bisavó de Eva e Fede, quen, case un século despues, atópanse no cemiterio alemán de Zaragoza no enterro de Gabi, o seu irmán maior. Xunto co seu pai, son os últimos sobreviventes dos Schuster, unha familia que chegou a formar un importante negocio de alimentación. Pero nos tempos que corren o pasado sempre pode regresar para levantar ampolas.
Edición en castelán
Editorial Alfaguara