2ª man

reixa, antón

 

Editora Chan da Pólvora

Localizacións

Panorámica de Vigo vista desde o mar. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Percorrer o mundo na procura do benestar mental
Nunha oficina de turismo de Moscova pedir un plano de Vigo
Nunha oficina de turismo de O Cairo tratar de reservar una entrada para visitiar a Alhambra
Na oficina de Wahshington de información turística pedir o horario de autobuses entre A Coruña e Carballo
Sempre poden aparecer outros problemas que rebaixen a tensión

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Sinopse

2º man xorde da mirada asombrada de Antón Reixa sobre a paisaxe urbana e informativa. Nese sentido, segundo o propio poeta, foi inicático o poema Non odias os luns, odias o capitalismo, que serviu de manifesto para a edición 2022 do festival Alguén que respira!, e ao mesmo tempo a visión dun home vestido de azul que durante meses, e á mesma hora, pasaba todos os días diante da súa casa con paso apurado e uns auriculares. A mais do enigma que suscitaba esta recorrencia, a acción transmitiulle a disciplina de escribir algo sobre el durante varios días seguidos. O libro inclúe imaxes da performance Acción Anakoluto que presentou, durante o proceso do libro, na Fundación Pazos Cuchillo de Oza-Cesuras. Nesta performance, Reixa aparecía maquillado de negro e imitaba a mímica dos tradutores en lingua de signos. Baéase nun feito real que chegou ao autor na marea de paisaxe informativa: durante os funerais de Nelson Mandela, retransmitidos internacionalmente, camuflouse un psicótico que se fixo pasar por tradutor para xordos profesional e acabou traducindo disparates inconexos. Esta presenza non é casual: co paso do tempo, cada vez vai introducindo máis lementos performáticos no seu traballo. Despois de publicar Outlet, Chan da Pólvora ábrelle a Reixa a colección Areal de Melide (especializada nas apostas híbridas) para un libro que marca novos rumbos na traxectoria do poeta.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Reixa, Antón. 2ª man. Editora Chan da Pólvora. 2023. Uso do dereito a cita.

b

Editorial

Editorial en galego

Editoria Chan da Pólvora

1ª edición

2023

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

O Farol

 Obra de jenaro de la fuente

Liña Circular

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar