setestrelo
Esteban, Manuel
Editorial Xerais
Localizacións

VIGO
Sempre vivín en Vigo, unha cidade grande e ruidos, chea de xente, onde non é doado ver as estrelas. Hai demasiada luz polas noites. E, o que é peor, a ninguén lle importa. De feito están encantados. Así poden seguir coas súas vidas, tal e coma se fose de día.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

HOSPITAL MEIXOEIRO
Eu penso que a noite está para durmir, ou para ver estrelas, pero todo o mundo di que non o entendo porque son un neno, e que xa o comprenderei cando medre. Así que desde casa, apenas podo ver algunha das máis brillantes. E Venus, claro, que nunca perde a ocasión de asomara por detrás do Meixoeiro, vencendo mesmo os enormes focos do centro comercial.
Xeolocalización
42.21500338549211, -8.684153202078628
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

CALVARIO
A miña nai di que, agora que a avoa morreu, podemos ir vivir á súa casa, que xa é nosa, e así aforramos pagar o alugueiro do piso do Calvario. A casa da avoa está en Domaio, cerda da Ponte de Rande. Alí non hai tantas luces, e a min sempre me gustou, porque está a un chimpo do monte Faro, pero dáme mágoa marchar do piso.
Xeolocalización
42.23099877864691, -8.703344498278248
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores
Sinopse
Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos. A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallo de aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alí descubrirá que posúe un don. Que ser diferente o converte, precisamente, nun Abreportas. «Setestrelo» é un libro de transición entre o mundo irreverente da nenez e o territorio sufocado da adolescencia. Un libro sobre a procura da identidade e a dificultade que teñen os adultos para aceptar todo o que se afaste do normativo. Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2023
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
O Calvario
Praza abastos
Liña 1
O Calvario
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.