a viaxe do castrexo

plaza poutás, alexandre

 

Editorial Galaxia

Localizacións

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ILLAS CÍES

Occe ergueu a cabeza para dirixir a mirada cara á baía que se estendía xunto diante del. Malia que levaba contemplando esa mesma paisaxe cada día da súa existencia, non podía deixar de sentirse marabillado ante a extraordinaria beleza do lugar. E non era para menos. As bravas augas do océano bañaban as costas dunha terra, debidos ao seu formidable atractivo, podía considerarse favorecida polos deuses. Un brazo de mar alóngabase terra adentro desde o suroeste cara o nordés, estreitándose paulatinamente. Tras alcanzar o punto máis angosto, as augas volvían abrirse de novo dando lugar a un espléndio fondeadoiro natural. Na bocana da baía emerxían tres maxestosas illas, a modo de solemnes sentinelas.

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas.

BAÍA DE VIGO

A orografía de ambas as beiras da baía era suave, con numerosas praias separadas entre si por zonas rochosas. As caprichosas formas que tomaba a liña da costa facían posible a existencia de abundantes enseadas pequenas, que constituían lugares idóneos para a faena de pescadores como Occe, ao abierto das fortes correntes mariñas.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Xacemento do Castro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CASTRO

O castro onde habitaba o mozo fora construído sobre a aba dun coto, orientado ao sur, e podía presumir con satisfacción de ser un dos máis populosos e antigos da rexión. Era coñecido polos veciños da comarca como o clan da Torre, en referencia a un vello fortín de vixilancia que se levantaba no altao do promotorio sobreo o que se asentaba.

Xeolocalización

42.2313974589665, -8.726395508291835

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RÍA DE VIGO

Occe alcanzou unha fileira de rochas que atravesaban o areal para penetrar no océano, ata desapareceren ocultas baixo as augas. Alí sentou, fronte á ría. O poboado quedera varios centenares de pasos ás súas costas.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Illa de Toralla. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.

TORALLA

Ese pequeno illote, situado a unhas poucas brazadas da beiramar, era o que lle daba nome ao poboado emprazado na costa, xusto diante: o Clan da Illa.

Xeolocalización

42.20031183886372, -8.802514780388954

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Sinopse

 Viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal. O protagonista, un noviño e humilde pescador, despois de ser condenado a morte inxustamente, consegue escapar do poboado. Na súa fuxida, tras múltiples avatares, chega ata o territorio da tribo dos brácaros, onde se ve inmerso nos enfrontamentos coas lexións romanas que, comandadas polo cónsul Décimo Xunio Bruto, chegaron a estas terras desde o sur do río Douro coa intención de conquistalas.
Este libro é a historia dunha viaxe, tanto no espazo xeográfico coma no interior, do protagonista, un canto á perseveranza, á tenacidade, á forza de vontade, á amizade e ao amor. E todo adubado co choque de culturas que supuxeron os primeiros encontros entre os conquistadores romanos e os pobos castrexos do noroeste da Península Ibérica.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2023

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Xacemento arqueolóxico municipal do Castro

Poboado castrexo

Século II a.C. - III d.C.

Liña 7

O Castro

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar