furia
Reimóndez, María
Editorial Xerais
Localizacións

VIGO
Sen axuda e sen compaña, porque no meu choio, como din en Vigho, tampouco fas nunca amisades, casa día nun sitio, cada día cunha xente e ao final non coñeses ninghén nin tes horarios de persoa nin vida. Se empeso co lamento non remato.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

COIA
Estiven dando voltas por Coia arriba e abaixo, pensando se gastar os dous euros que tiña nunha empanadilla en calquera panadaría. Gardeinos, coa fame que tiña, por se acaso.
Xeolocalización
42.22179397942839, -8.74106079623981
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

VITRASA
Faise de noite e tanto me ten. Ando, ando, ando. Un día destes vou chegar a Samil. Non vou polo tramo ese que hai de estrada que me estresa. E porque a praia sempre me pareceu moi lonxe, como se pode chegar aí andando a regresar? Teño a tarxeta do Vitrasa sen carga, todo por non pedirlle a Avoa Remorso que lle meta uns euros.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
E Liña Especial

HISPANIDADE
Non somos coma a xente que vive en Hispanidade, non tan lonxe, a carón da casa de antes. Nin sequera na rúa Barcelona. Aquí non hai cafeterías finas, só esas nas que senta a mesma xente todos os días. Peñas do Celta, bares onde fuma a mesma xente nas mesas da rúa.
Xeolocalización
42.22938169638333, -8.729003831192971
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

CASTRELOS
—Case nunca veño a Castrelos. Tremendas árbores, non? —a M non parece importarlle que colla por outra vía. Avoa Remorso ponse dos nervios.
Xeolocalización
42.21253366076541, -8.730225601922967
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

VIGO VERTICAL (COSTAS DE VIGO)
E este ano estou en Vigo. E vou pasar aquí o fin de ano, co irmao I, con S e con J. Gústame este cambio. A ti gustaríache vir. Ao meu piso nun cuarto sen ascensor ao que tanto che custaba chegar. Ao lugar que celebraches comigo cando por fin puiden mercar un acubillo despois de décadas. O lugar que me axudaches a organizar, tamén un Nadal, no que me vía superada polas couas. Chameite e viñeches. Mesmo se xa non estabas moi ben. Custábanche as costas de Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
E Liña Especial

CAMELIAS
Non lle dixen que estaba castigada sen saír. Avoa Remorso non está na casa. M chega en media hora a un bar que hai nas Camelias.
Xeolocalización
42.22749829651671, -8.730062984131559
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

AREAL DE SAMIL
M di que axiña poderemos ir a Samil e meternos na auga despois de correr. Xa era o que me facía falla. Ata que non faga calor da boa, comigo que non conte.
Xeolocalización
42.20925241059118, -8.776423145624376
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

RÍA DE VIGO
A idea era irmos ao Castro e merendar mirando a ría pero empeza a chover e o noso plan vaise ao carallo. Blue quere sabelo todo do combate.
Xeolocalización
42.24140308412322, -8.824935816612497
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes
Sinopse
Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida plena, para atopar o seu lugar seguro. «Furia» non é só a historia dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2023
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Hispanidade
Vigo Cidade de Cor: Liquen
Liña 7
Hispanidade
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.