algoritmos
queipo, xavier
Editorial galaxia
Localizacións

VIGO
CATRO PAÍSES en dúas semanas. Se cadra para outra xente isto é unha rutina e non ven unha novidade niso. Teño viaxado moito (nunca é abondo para os espíritos nómadas) mais esta vez a serie continuada de descontinuidades (non hai redundancia, simple descrición da realidade) fixo que chegase canso á fin de semana. Vigo, Atenas, Bruxelas, La Valetta e xa regresos a Bruxelas, onde teño o cuartel xeral de activiades. En Vigo (e Pontevedra) traballei e presentei un libro, logo regresei a Bruxelas cargado de delicias, para, aos dous días, partir inesperadamente para Atenas.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
DOMINGO DE AGOSTO na soidade húmida de Bruxelas. Sentei no Cantinho da Cidade, perto da Tour de Midi, partillando mesa e bancada con dous montenegrinos. Eu estiven en Bar, no sur do seu país, próximo á fronteira con Albania, e eles en Vigo, se cadra chegados nun mercante ruso, no sur do meu pequeño país, próximo a Portugal.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
Caderno de notas
2011 – 2018
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Enseada de Bouzas
Vista desde o mar
Liña Circular
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.