55

queipo, xavier

 

Editorial Xerais

Localizacións

Porto de Vigo Porto pesqueiro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PORTO DE VIGO

«O periplo comezou o 25 de xuño no porto de Vigo e rematou o 15 de setembro, que é cando chegamos ao porto de Cangas de Morrazo coas bodegas cargadas de peixe salgado. Centrarei a historia como xa dixen nos días que antecederon e seguiron os sucesos que trastornaron o meu ánimo.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Onte pola noite navegamos cara ao cuarto cuadrante no rumbo dos 300 para aproveitar o bo tempo e traballar a zona de Svalbard, xa próximos aos 76º de latitude norte. As montañas das illas están cubertas de neve. A doce millas ao norte está traballando outra parella de Vigo. Experimentamos miraxes nas que os navíos semellan asceder por riba da codia do mar e fanse alongados e esveltos, coma se fosen de materia visguenta.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Vigo panorámica Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Que puido acontecer nos tres minutos que van entre as dúas anotacións do caderno? Non falta ninguén; non hai nada que indique unha actividade a bordo do navío. As tarefas da pesca continúan. Quen eran? De onde xurdiu a escuridade que cubriu o ceo todo? Que pasou para perder o contaco do radar coa parella de Vigo? Quen eran? Que fixeron a bordo nos tres minutos que transcorreron entre as dúas anotacicóns do caderno de bitácora?
Só preguntas e silencio.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica Vigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Vento forte de compoñente oeste. Ceos pechados. Nubes de evolución. Baixou a temperatura de xeito radical, parella ao descenso do barómetro. O mar ten unha cor cinsenta escura, que presaxia mal tempo. Ás doce do mediodía anoto a latitude. A parella de Vigo que onte traballaba na derrota de 270, contactou pola radio. Onte tiveron problemas coas comunicacions, mais non contan máis nada. Nós tampouco.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Sinopse

Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). A pegada do mar e dos océanos, o abraio diante das marabillas da natureza, as viaxes e as aprendizaxes que veñen prendidas tras dos ollos, as experiencias e soños dunha vida xa non curta.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña Circular

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2014

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Porto de Vigo

Porto Pesqueiro – Lonxa

Liña 8

Porto de Vigo

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar