aqueles anos do moncho
neira vilas, xosé
Editorial Galaxia
Localizacións

FARO DE VIGO
Porque a guerra estaba en todo: no souto da romaría cuberto de herba, sen bailas, nin foguetes, nin rosquilleiras, nas páxinas de Faro de Vigo (que en veces chegaba á aldea), con novas sobre mortos, feridos, baixas, avances, frontes, bombardeos, marxistas, nacionais, Belchite, Jarama, Oviedo, o milagre dunha bala que rebota nunha medalla bendita, Nosa Señora do Pilar, etc., todas, que á fin son a mesma, aliñadas nunha banda, loitando co demo vermello.
Xeolocalización
42.2375505577893, -8.723024188548413
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

FARO DE VIGO
E o que fora un balbordo certo confirmouse de vez ó outro día cando chegou case de noite, o Faro de Vigo (“La guerra de España toca a su fin con la victoria…”) e varios veciños viron na casa de Ramón, debaixo da luz de carburo, o renque de letras ben cumpridas que o dicían. Xa non había guerra. Xa non chamarían máis quintas nin terían de vir telegramas coa nova dalgún morto coñecido.
Xeolocalización
42.2375505577893, -8.723024188548413
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

FARO DE VIGO
E mentres, veña de memorizar canto se rosmaba na aldea, e de contar os gardas que entraban e saían da taberna do Americano, e veña de coller na artesa algún codecho, e patacas na barrela, e por veces o Faro de Vigo que pousaba no alzadeiro. E súa nai dicíalle, que che pasa, andas aqueloutrado, caviloso, e el a negar, como lle negaba ó Nemesio iso da amizade fuxida e do fachendeo sen vir ó caso.
Xeolocalización
42.2375505577893, -8.723024188548413
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Transcorre nunha aldea galega durante os anos da Guerra Civil. Todo xira arredor da existencia dun neno duns nove anos, cheo de curiosidade mais ao que lle custa entender o que acontece. Con todo, vai madurecendo e vai percibindo algo nese mundo a un tempo estreito e universal. Con tenrura e sinxeleza. Moncho vaise achegando ao que sucede ata o punto de querer incorporarse a unha loita que está máis alá das súas posibilidade.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
1977
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Edificio Sanchón - delegación Faro de Vigo
Policarpo Sanz
Liña Especial
Faro de Vigo
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.