todo chega desde o mar
ferragud, santiago
Editorial Medulia
Localizacións

BOUZAS
A casa de Joaquín Carballo encontrábase en Bouzas, a parroquia que establece ao suroeste a fronteira da cidade co mundo rural. O último tramo da estrada presentaba numerosas fochancas e unha invasión de arbustos; sen dúbida, os donos non tiñan interese en facilitar o acceso. A situación cumpría literalmente o concepto de casa sobre o mar.
Xeolocalización
42.226391690739405, -8.754436907651353
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

PONTE DE RANDE - RÍA DE VIGO
Redondela e San Simón, a illa onde se celebaron rituais das máis diversas crenzas; onde se acubillaron leprosos, tripulacións enfermas, exércitos derrotados, e onde sufriron tormento os represaliados de 1936.
Xeolocalización
42.28817463236884, -8.66052341556845
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

ALMAS PERDIDAS - PORTO DE VIGO
Case sempre terminaba as miñas visitas á Confraría no bar Almas Perdidas, rodeada por un grupo de mariñeiros máis novos ca min. Algúns herdaran o oficio dos seus pais, pero outros era, simplemente, rapaces que xiraran na roda dos oficios até recorrer á saída que sempre ofrece Vigo: o mar. A súa impericia obirgábaos a aceptar un empregro nos barcos máis avellentados de porto, que durante as travesías semellaban un saco de boxeo golpeado por un tolo.
Xeolocalización
42.23945409000837, -8.722392293248634
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

FERRERÍA
»Por outra banda -continuou Irene- o porto proporcionou, non só aos nosos alumnos, senón a todos os da cidade, un plus en relación cos mozo do interior porque nos bordeis da Ferrería contactaban con mariños da frota estadounidense, que os instruían na música que os apaixonaba.[…]
Xeolocalización
42.23793314850413, -8.72719463091401
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

VULCANO - TEIS
Decidín chamalo Vulcano, coma o estaleiro a que el se referia no noso primeiro encontro. Un estaleiro instalado no barrio de Teis -no seu momento a periferia da cidade, mais que rematara cercado por ela- e que no setenta e dous era unha das factorías que converteran a ría nun imperio do sector a nivel mundial.
Xeolocalización
42.25081598521799, -8.702215473085692
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

SÁRDOMA
O anuncio daquelas execucións tamén mantivera en vilo a Vigo porque un dos condenados, José Humberto Baena, pertencía a unha famlia do barrio de Sárdoma. No xornal recuperei unha imaxe súa: escuálido, coas guedellas, o espanto reflectido na mirada; lembroume aquela fotografía mítica que lle tomaron ao Lute tras unha das súas detencións.
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores
Xeolocalización
42.216607772612804, -8.711463493342563

BERBÉS
Ao mediodía, mesmo en pleno inverno, eu podía compartir coas miñas amigas as terrazas do Berbés, un barrio onde a cidade comezou a interpretar o mar coma un aliado. Durante séculos aquela fronteira entre a cidade e a ría conservara a súa condición de praia, na cal os pescadores varaban as súas barcas. No século XIX construíronse os primeiros peiraos de madeira, substituídos logo por estruturas metálicas e máis tarde polos de formigón. Ao longo do século XX o mar retrocedeu, asediado polos diques, e os moradores do Berbés víronse desprovistos da súa paisaxe e, en certo modo, das súas orixes.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

AREAL DO VAO
Cando á fin se aproximaron, os mariñeiros e os artesáns decidiron detelos na praia do Vao, un lugar que aínda hoxe conserva un aspecto natural, a diferenza doutras praias, ateigadas de paseos embaldosados, cafeterías acristaladas, parques infantís, absurdas piscinas. Na praia do Vao, pola contra, as dunas esténdesne, libres de construcións, até a estra que a circunda.
Xeolocalización
42.19802620216003, -8.793430005339877
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

ARCO DE QUIRÓS - PRAZA DA PRINCESA
Fuxindo do Penso, cruzábame con mozos entusiasmados nas súas conversas e pasaba ante os toxicómanos que agoniaban, xuntos pero incomunicados, baixo os soportais de praza da Constitución. Chovía sobre as lousas centenarias que rodeaban a biblitoeca e sobre as modernas baldosas das rúas ás cales eu accedía, atravesando o túnel de Quirós, para alcanzar unha liberación de neon, de escaparates, de automóbiles e de viandantes ben vestidos e ben alimentados.
Xeolocalización
42.23847462353992, -8.725638686959586
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

COLEXIATA
Na colexiata, no convento de Santa María, na capela da Misericordia, os corsarios roubaron cálices e campás, derribaron altares e retablos, e profanaron imaxes, cumprindo a prioridae que senten os invasores de privar de culto ás súas vítimas.
Xeolocalización
42.239452839424295, -8.726097701922168
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

CASTELO DO CASTRO
A resposta non se fixo esperar: o conde de Gondomar organizou no castelo do Castro un espectáculo, visible desde os navíos corsarios, aforcando nas ameas os douscentos prisioneiros, nunha cerimonia, acompañada de tambores e salvas, que se prolongou durante toda a xornada.
Xeolocalización
42.232889494524414, -8.726349032775133
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

ALCABRE
Na praia de Alcabre improvisouse un albergue para illar os infectados, e nas rúas expuxéronse pasquíns onde a autoridade só recomendaba oración e fuxida. Así o fixeron aqueles a quen a fortuna mantivo sans, a excepción duns poucos insensatos que, dirixidos polo racioneiro Juan Álvarez, permaneceron na vila, aínda que só podían ofrecerlles aos enfermos palabras de ánimo e un trato compasivo.
Xeolocalización
42.21810470413489, -8.76775849178899
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

FÁBRICA DE ÁLVAREZ
O barrio de Cabral desenvolvérase en torno a Industrias Álvarez, unha factoría de cerámica fundada polo réxime franquista nos anos corenta, e que chegou a ser a máis importante dos país, dando emprego a máis de catro mil traballadoras. Cando Inés e Joaquín se instalaron en Cabral, a fábrica mantiña o seu esplendor, pero no momento da nosa charla, había tempo que quebrara a causa da corrupción e fora abandonada e saqueada.
Xeolocalización
42.225631921008784, -8.674314459577952
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

CASTELO DE SEBASTIÁN
Atendendo un encargo do Padroado, achegueime ao único recinto amurallado que conserva Vigo, o castelo de San Sebastián, situado nas abas do Castro. Trátase dun reducido fragmento da muralla orixinal, que delimita unha pradeira con sendeiros de grava, bancos dispersos, árbores raquíticas. Desde as súas ameas esténdes até o porto un mosaico de tellados, e ás costas do recinto encóntrase unha torre acristalada, construída nos anos setenta para albergar oficinas municipais.
Xeolocalización
42.23702027565719, -8.726600615569975
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias
LAVADORES
[…] xa que en 1930 a cidade continuaba impulsada polas mesmas familias que o levaban facendo desde o século XIX e que, mediante matrimonios, entrelazaran os seus negocios atá controlar totalmente as industrias conserveiras -auténtica punta de lanza da actividade na ría- e as súas empresas auxiliares: a pesca, os estaleiros, as fundicións, os serradoiros; pero tamén factorías de novas tecnoloxías, como as fábricas de xeo ou as de envases para conservas, un artigo que en primeira instancia se importou desde Inglaterra e desde Bilbao, até que en Lavadores se instalaron obradoiros de estampado que satisfixeron non só ás conserveiras locais, senón que se converteron en exportadores.
Xeolocalización
42.22656442754392, -8.695558542364664
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

PORTO DE VIGO
A principios dos anos trinta, no porto de Vigo había censados máis de cincocentos barcos de pesca a vapor e un número aínda notable de lanchas a vela; entre uns e outras daban emprego a 9500 mariñeiros, a maioría contratados á parte das capturas; só se empregaban a salario quen comenzaban a viaxar até o Gran Sol ou ao norte de África.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

BARREIRO
Pero durante o ano anterior os comunistas adquiriran protagonismo nos conflitos laborais e, poucos mese antes dos comicios, sorprederon co éxito do mitin que organizaron no campo de fútbol de Barreiro, onde conseguiron reunir máis de 20.000 persoas, unha parte moi importante, mulleres.
Xeolocalización
42.22990925593279, -8.679352729702858
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

AREAL DE SAMIL
O acto organizouse unha tarde de verán, nunha terraza elevada sobre a praia de Samil. Desde a miña situación, ademais do escenario, puiden divisar a posta de sol tras as Cíes, o paso canso das últimas familias que abandonaban a praia, as copas dos piñeiros aquietadas polas sombras.
Xeolocalización
42.20925241059118, -8.776423145624376
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas
Sinopse
En 1972, a pesar das severas restricións da ditadura, unha folga do metal conseguiu paralizar Vigo durante máis de dúas semanas. Tres anos máis tarde, algúns daqueles folguistas fundaron GRAPO e, desde Madrid, estenderon as súas accións por todo o Estado, aínda que mantiveron sempre unha morbosa nostalxia cara a Vigo.
En 1.931, a anterior xeración de vigueses fixo que a cidade fora a primeira do país en proclamarse republicana; seguiron os cinco anos entusiastas, radicais e convulsos da República, e logo as sinistras intrigas previas ao alzamento militar e a represión á que foron sometidos os republicanos na Illa de San Simón.
Esta novela conta o encontro entre dúas mulleres: Irene, contemporánea da folga do 72, profesora na universidade, a piques de xubilarse; e Xoana, unha nova licenciada, recentemente chegada a Vigo; diferentes por xeneración e por vivencias, moi ponto lles unirá a paixón pola historia da cidade.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Editorial
Citas literarias
Ferragud, Santigo. Todo chega desde o mar. Editorial Medulia, 2022. Uso do dereito de cita outorgado polo autor.
Editorial en galego
Editorial Medulia
1ª edición
2022
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Igrexa San Pedro
Sárdoma
Liña 2
Ferrería
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.