Rega Jul, Irene
San Cibrao, 1996
Estudou o Grao de Educación Primaria na Unversidade de Santiago de Compostela.
Fotografía: arquivo da autora - medios sociais
Biografía
Desde os 16 anos comezou a participar en escolmas de verso e prosa, en Diversidad Literara e ACEN, gañando algúns concursos.
En xuño de 2022 gañou a sexta edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 con O libro dos corazóns rotos (editada en Galaxia como A malferida).
Segundo o xurado: «Cunha linguaxe coidada, pero moi directa consegue transmitir un fondo desacougo no tratamento dun tema tan delicado como o do acoso escolar. A autora arrisca no seu desenvolvemento e na denuncia social da sociedade contemporánea».
Bibliografía: Editorial Galaxia
Parada bibliográfica

A malferida
Edición en galego
Editorial Galaxia