poesía galega completa
Ferreiro, celso emilio
EDITORIAL XERAIS
Localizacións

PORTO DE VIGO
«Emigrantes» O SOÑO SULAGADO
«Emigrantes» de O SOÑO SULAGADO
¡Qué gozo para os ollos ver en Vigo
ringleiras de emigrantes polas rúas
cando hai barco no porto!
Camiñan asombrados,
ateigados de luz e de soidades
das iñoradas terras presentidas
alá onde xuntan mar e ceo.
[…]
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

TORALLA
«Illa de Toralla» VIAXE AO PAÍS DOS ANANOS
Illa do mar, eu lémbrote
de pinos coroada e de gueivotas,
arrombada de vento de de mareas,
con cinco tombas, cinco buraquiños
mirando, ollos valdeiros, cara ó ceo.
[…]
Xeolocalización
42.20031183886372, -8.802514780388954
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

VIGO
«Amencer en Vigo» VIAXE AO PAÍS DOS ANANOS
Unha fiestra alcendida
na noite da cidá
é coma un ollo insomne.
Balbordo a bordo dos bous.
[…]
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

ILLAS CÍES
«Adiós» TERRA DE NINGURES
Dígoche adiós dende o barco
que a lonxanas terras vai.
Dígoche adiós desde as Cíes
que estan preñadas de mar.
Adiós nas ondas que pasan,
Adiós na luz de Funchal,
espello de lúa chea,
paradiso terreal.
[…]
Miami, xunio, 1966
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

COLEXIO ROSALÍA DE CASTRO
Fotografía: cortesía Escola Rosalía de Castro
«O estraxeiro» ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA
Pra os nenos do Colexio Rosalía de Castro, de Vigo.
[… ]
un Vigo de ancha ribeira
un Cambados soñador,
un Mondoñedo de feira,
un Tui a carón do río
que as súas torres espella,
i alá lonxe, toda de ouro,
nun outeiro, Compostela.
Xeolocalización
42.21090991691102, -8.693183307650171
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

VIGO
«Zéxel a Marisabel, que bailou pra min unha pandeirada» NOVOS POEMAS (1932-1978)
En Vigo, no verde prado,
vin bailar corpo delgado.
Cantaba o vento doncel
un ledo son de rondel
esparexendo un ronsel
de amor, no aire calado.
En Vigo, no verde prado,
vin bailar corpo delgado.
[…]
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Poesía galega completa reúne toda a obra poética en galego de Celso Emilio Ferreiro, reproducida dun xeito fiel nesta coidadosa edición a cargo do crítico Ramón Nicolás, desde os primeiros versos de Cartafol de poesía ata o seu derradeiro e póstumo Libro dos Homenaxes, pasando por poemarios clásicos da nosa literatura que reafirman os logros estéticos de Celso Emilio: O soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao País dos Ananos ou Onde o mundo se chama Celanova. Esta edición enriquécese cun importante número de composicións inéditas que converten este volume nunha proposta actual para redescubrir a un poeta singular e irrepetible.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2004 (obra Poesía galega completa)
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Illas Cíes
Areal de Rodas
Liña 5
Toralla
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.