os biosbardos
blanco-amor, eduardo
Editorial Galaxia
Localizacións

FALPERRA
E que a filla fóraselle, sendo aínda moi rapaza, cunha lerchona que a levara para Vigo, co gallo de lle adeprender para peinadora, e que despois de andar moito tempo arrastradiña (que até chegaron a chamarlle Elena a fodona) metérase churriana, das de a peseta, das do calexón da Falperra; que aseguraban fora unha gran perda porque era moi xeitosa e de boas carnes.
Xeolocalización
42.23506772489195, -8.728713859750114
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias
Sinopse
Os biosbardos é un conxunto de «contos para a xente», postos todos en boca de sete rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil. Estes relatos pertencen, sen dúbida, ao núcleo das mellores páxinas que nos deixou este mestre da moderna narrativa galega. Son, quizais, as máis sinceras e menos académicas de cantas escribiu. Nelas brillan con luz propia as mellores virtudes do seu autor, sen interferencias de ningún tipo. El mesmo o recoñecía así.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
1962
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Fonte da Falperra
Escultor Raúl Comesaña
Liña 7
Falperra
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.