Jabois, Manuel
Sanxenxo, 1978
Comezou a súa carreira como xornalista no Diario de Pontevedra
Fotografía: editorial Alfaguara, Penguin Libros - web Biografía
Tras pasar por El Mundo, desde 2015 escribe en El País. Tamén ten un espazo diario no programa Hora 25 da Cadena SER. Como escritor, publicou a novela A estación violenta (2008), as recompilacións de artigos Irse a Madrid (2011) e Hay más cuernos en un buenas noches (2022); Grupo Salvaje (2012) – unhas breves memorias sentimentais sobre o Real Madrid-, Manu (2013) e un longo traballo sobre o 11-M titulado Nos vemos en esta vida o en la otra (2016).
En 2019 publicou con gran éxito de crítica a súa primeira novela en Alfaguara, Malaherba. A segunda, Miss Marte (2021), terminou de consagralo como un dos escritores en español máis populares da súa xeración. Mirafiori é a súa terceira novela.
Bibliografía: Editorial Alfaguara, Penguin Libros
Paradas bibliográficas

Malaherba
Un día Mr Tamburino, Tambu, un neno de dez anos, atopa ao seu pai tirado na habitación e coñece a Elvis, un novo compañeiro de clase. Descubrirá por primeira vez o amor e a morte, pero non da forma que el cre. E os dous, Tambu e Elvis, vivirán xuntos os últimos días da nenez, esos nos que aínda pasan cousas que non se poden explicar e sentimentos aos que todavía non se sabe poñer nome. Esta é unha historia de dous nenos que viven unha extraña e solitaria historia de amor. Un libro sobre as cousas terribles que se fan con cariño, escrito con humor e unha prosa rápida que avanza levando a Tambu e a súa irmá Rebe, a Claudia e ao seu irmán Elvis, á fronteira dun novo mundo.
Edición en castelán
Editorial Alfaguara

Miss Marte
1993. Mai, unha moza moi nova cunha nena de dous anos, chega a un pobo de costa poñéndoo todo patas para arriba. Enseguida fai amigos, coñece a Santi, namóranse ao instante e ao cabo dun ano celebran unha voda que acaba en traxedia, cando a noite da festa a filla de Mai desaparece misteriosamente. 2019. A xornalista Berta Soneira disponse a rodar un documental sobre o suceso ocorrido vinte e cinco anos atrás. Para iso, entrevista a todos os que aínda o lembran, reescribindo o relato dun día que cambiou a vida de todos.
Edición en castelán
Editorial Alfaguara