Moda galega

Reimóndez, María

 

Edicións Positivas

Localizacións

Avda. Alcalde Portanet. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ALCALDE PORTANET

PORTANET: MODA LUSITANA

Podemos ser irmás.
Eu entro e probo camisetas
que custan menos de mil.
Todo está cheo de caixas,
dun boureo coma eses
que só é quen de fabricar a historia.
Moda Lusitana. […]

Xeolocalización

42.21158813435382, -8.73582974582821

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Avenida de Balaídos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BALAÍDOS

BALAÍDOS: ESSE

Podería ser a entrada
a un portal.
E sen embargo,
aínda cabe o escaparate
a carón da porta,
con dous traxes
chics e modernos.[…]

Xeolocalización

42.212102326627125, -8.739729944406571

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Avenida de Fragoso. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

FRAGOSO

FRAGOSO: EL SOSTÉN

Sei que dentro
hai sosténs maiores
porque é onde comprei os meus
cando me perderon a maleta
con toda a roupa de verán
e interior dentro
mais un par de libros reaccionarios.[…]

Xeolocalización

42.215608283962574, -8.735969951878694

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Avenida Castelao, barco Alfageme, barrio de Coia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CASTELAO

CASTELAO: CHAROL E MARÍA REI

Era o verán.
As rebaixas.
Os pés cansados.
Neles os meus ollos
preguntándose
polo destino
de todos eses corpos.[…]

Xeolocalización

42.216988354961956, -8.7553056694425

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Manuel de Castro. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MANUEL DE CASTRO

MANUEL DE CASTRO: LENCERÍA PIQUÉ

De socate río,
— un riso pouco agradable,
dígovolo eu—
ao pensar o
escándalo que provoca saber,
as poucas veces que saen á luz,[…]

Xeolocalización

42.21367966347916, -8.741072841834537

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Parque de Castrelos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CASTRELOS

CASTRELOS: EMILY

Podo rompelos.
Os sosténs.
Os corsés.
Incharei o peito
e alá irán.
Coidado
as e os da primeira fila.[…]

Xeolocalización

42.21253366076541, -8.730225601922967

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Avda. da Florida. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

FLORIDA

FLORIDA: MARÍA FERREIRO

Esta debe ser a tenda
da señorita Pepis.
Un mundo de cor infantil
dos anos que eu vivín.
Unha señorita Pepis un tanto descocada
coma as cores rechamantes
da súa palestra de maquillaxe. […]

Xeolocalización

42.21387299481628, -8.742869459322108

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Camelias Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CAMELIAS

CAMELIAS: FERPES
Roupa interior por xunto,
maioristas de cus
e bragas.
Perchas do país
de Liliput.[…]

Xeolocalización

42.22749829651671, -8.730062984131559

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

López Mora. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

LÓPEZ MORA

LÓPEZ MORA: AR

Ar.
Esa doce palabra galega
a través da cal
os galeguistas e poetas
describiron a sociedade
tradiconal galega,
matriarcal,
din eles,
onde as mais
(que non as mulleres)
tiña un posto social crucial.[…]

Xeolocalización

42.22500545518, -8.732353830758752

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Rúa do Príncipe Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRÍNCIPE

PRÍNCIPE NO NADAL

Non fai falla máis
que abrir os ollos
e está ao noso lado.
Entre o movemento
espasmódico
das masas,
unha morea de mulleres
que fan horas interminables
ata acabar
por case empaquetarse
a si mesmas
cun lazo dourado.[…]

Xeolocalización

42.23703431895109, -8.722784702078062

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Rúa Velázquez Moreno. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VELÁZQUEZ MORENO

VELÁZQUEZ MORENO: GALATTI

Manequíns
sen cabeza
e sen roupa.
Como todos eses corpos
no telexornal
Unha nova vítima da
violencia doméstica
aparece morta a puñaladas[…]

Xeolocalización

42.23704184560018, -8.721778273241974

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Tamerlick Eduardo Iglesias, rúa Circo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

EDUARDO IGLESIAS

EDUARDO IGLESIAS: CÓMPLICE

Un día destes
ti e mais eu
habemos ir de compras.
Tal e como fomos
hai só uns días
en Múnic,
que se di
come se quedaes
aí ao lado. […]

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Xeolocalización

42.23724666719662, -8.716488996148874

Rúa Urzáiz. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

URZÁIZ

URZÁIZ: MARISA PASCUAL

Blanca e mais eu
buscabamos unha cafetería
que caeu
ante o ímpeto da moda
e agora foi substituída
por unha tenda. […]

Xeolocalización

42.23255014470028, -8.711085015570024

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Gran Vía, Vigo vertical. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

GRAN VÍA

GRAN VÍA: AFRICAN BLUE

Xerseis de la.
A moreas.
A miña paixón.
E agora comprendo
por que Vic sempre di
que os meus xerseis
son imperfectos.[…]

Xeolocalización

42.22668953936956, -8.721173430909756

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Sinopse

Un catálogo de dúas estacións. Un paseo polas rúas e os escaparates. Fíos. Teas. Tendas. Corpos. Fendas. Unha cidade. Un percorrido polas mil imaxes e as mil vidas. Entre o consumo e o consumirse. Entre a obriga compulsiva e a alternativa de soñar. Ironías crúas. Moda galega. Pasen e vexan.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Citas literarias

Reimóndez, María. Moda galega. Edicións positivas. Uso do dereito a cita.

b

Editorial

Editorial en galego

Edicións Positivas

1ª edición

2002

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Monumento Manuel de Castro

Escultor Rafael Álvarez Borrás,  arquitecto Manuel González Román

Liña 3

López Mora

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar