Memoria solar
pozo garza, luz
Editorial Linteo
Localizacións

VIGO
EN VIGO NO SAGRADO (1981)
(concerto de outono)
EN VIGO NO SAGRADO
A xeito de cantiga
En Vigo no sagrado navegar da badía
as ondas non me furten o amor en Vigo
navegar moar maior no segredo e tería
que chorar na friaxe da ausencia pol amigo
En Vigo no segredo
dunha vela de liño a sinalar a ría
bicar os castiñeiros meu amor
dende a Guía
e so remos se apousasen como no río Miño
velas de blanco liña que meua amor durmía
Todas as aves ledas na mañá desvelada
ben cedo que eu me erguía
e polas longas noites a rula dos meus seos
lle daba ó meu barqueiro. A mar fería
sen velas e sen remos co brial namorado
saia tan ben cintada a beber na Fonfría
co amigo
no sagrado segredo
de Vigo
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

BAÍA DE VIGO
EN VIGO NO SAGRADO (1981)
(concerto de outono)
BADÍA DE VIGO
Na badía de Vigo leva o vento
rachas de violonchelos ou murmurios
e ás vegadas
primaveras translúcidas que amosan
artes de navegar na noite. Velas
de seda moura prós debezos
Chamábanseme raíña dende a proa. Subliñabas
pontes amor de sámago. O navío
vai esvarando música de cedros
Bicas fondo maís fondo ca badía
Aprexa as miñas mans
Podes verquer no corazón
bris que abanea as xarcias xa salobres
Pon a faciana aquí e a néboa quence
E déitate no chan a rematar a música
Xeolocalización
42.24140308412322, -8.824935816612497
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

CASTRELOS
EN VIGO NO SAGRADO (1981)
(concerto de outono)
AMANTES DE CASTRELOS
Fora anunciando amor
subitamente
naquel templo translúcido de ponlas e paxaros
imaxe revelada do ritmo dunha pedra
na amplitude de onda
na viva nervadura dunha folla
nos camelios en flor talvez a mediodía
Onde escribías cartas
quedou eternamente na planicie da tarde
no flanco dos estanques na lisura do tempo
Agora imos da man
onde fan o relevo lilas e violetas
a inclinarnos no espacio onde te demorabas
Naquela terra intacta naquela forma
para amar
no ritmo aquel que deixa a noite ilesa
no tacto dunha pomba
en tanto o diapasón da simetría vai alto amor
soando
Xeolocalización
42.21253366076541, -8.730225601922967
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

A GUÍA
CÓDICE CALIXTINO (1986)
AGORA CONTEMPLAMOS A MAR DE VIGO
A Eduardo
Amei a mar de Vigo.
Amei a luz que modifica a doutrina dos astros
a total curvatura que da uniade ás formas
cando a badía nace cada mañá
e ti agradabas.
Foi o móbil primeiro.
Amei o espacio único
cando decrece a chuvia pola banda da Guía
e a mar indefinida —paráfrase celeste—
pode entregar a luz.
Amei o reino onde as aves inician unha curva
melódica para morrer de amor nos outonos diáfanos
do norde.
Amei os días indecisos. Había un río inmóbil.
Aínda a ausencia implacable escribía
nunha letra miuda a nosa historia
e pechamos nun códice as derradeiras páxinas
do amor: Opera omnia.
Agora contemplamos a mar de Viugo xuntos.
Vemos caer a noite nun equilibrio ingrávido
e escoitamos a última sinfonía do crepúsculo nas avenidas
interiores dun xardín en penumbra.
Xeolocalización
42.25676250576314, -8.702584034336262
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

CASTRELOS
PROMETO A FLOR DE LOTO (1992)
DESCUBRIMOS A FLOR
Flor sin nombre
que no conoce nadie, y nadie canta
Pura Vázquez
Onte non máis pasabamos as pontes
ofrecidad no ocaso
As rúas que descenden en procura do mar
nunha cidade aberta e prometida
Onte non máis descubrimos a flor
os fráxiles outonos
onde a luza se recobra
Había violetas no parque de Castrelos
Súbitas aves no esplendor celeste
Partituras absortas para invocar
amor
na súa potestade
Xeolocalización
42.21253366076541, -8.730225601922967
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

ILLAS CÍES
PROMETO A FLOR DE LOTO (1992)
ILLAS CÍES
Chamóuselles tamén illas das Pombas…
R. Otero Pedrayo
Nas Cíes descubrimos a pericia das aves
e a medida celeste onde reside a luz
Bañámonos nas ondas
a compartir sulagos con dóciles palmípedas
e cunchiñas de nácara
Era o verán
Chegaban ventos fríos do primeiro cuadrante
os ventos tersos do Nordés
Con labios exaltados bicábasme nas tempas
E querías que fora a raíña dor mares
ou deslizabas verbas secretas no oídos
Nos xogos inocentes
debuxei no teu peito os signos da alegría
Despois grabei na area os símbolos da patria.
Espirais
caracolas
esvásticas solares
Cousas do paraíso…
Naquelas latitudes oceánicas azul
azul delirio
tracei como remate un labirinto tácito
para salvar o amor
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes
Sinopse
Memoria solar recolle por primera vez toda a obra publicada de Luz Pozo Garza (Ribadeo, Lugo, 1922) ademáis doutros poemas inéditos ou dispersos. Inclúe, polo tanto, dende os primeiros poemarios dos anos cincuenta escritos en castelán como Ánfora, El vagabundo ou Cita en el viento, o poemario bilingüe últimas palabras /verbas derradeiras, ata os libros, xa exclusivamente en lingua galega, como Concerto de outono, Códice calixtino, Prometo a flor de loto, Vida secreta de Rosalía ou o máis recente Medea en Corinto, así como o derradeiro poemario, de carácter inédito, As arpas de Iwerddon. Unha edición que, revisada pola autora, vén confirmar a presenza vigorosa nas letras galegas dunha das voces que mellor saben achegar paixón, vida e poesía.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Pozo, Luz. Memoria solar. Ediciones Linteo, 2004. Uso do dereito a cita.
Editorial
Editorial en galego
Ediciones Linteo
1ª edición
2004
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Monte de A Guía
Panorámica da ría de Vigo
Liña 4
A Guía
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.