lois e helena buscándose un día de tormenta
Veiga, manuel
Editorial Galaxia
Localizacións

MONTERO RÍOS
Viña o vento do sur e o paseo de Montero Ríos estaría tranquilo e cálido cos seus parasoles e a música saíndo do interior dos locais, pero ben logo se comezara anotar o mar de fondo e na superficie a escuma das ondas facía xa ovejitas, como dicían os turistas.
Xeolocalización
42.240682393563354, -8.722528844358807
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

LONXA DE VIGO (BERBÉS)
Era bonito o mar e o murmurio das peixeiras de madrugada na subasta da lonxa do Berbés, un rumor como o das mulleres de Hull, Grinsby ou Aberdeen. Unha música internacional dos panchos, das rinchas, dos sapos, das marucas, da palometa, do pámpano alaranxado.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

BOUZAS
A cidade era hipócrita, como dicía o Poeta, e tamén violenta, cavilou Depau, como unha guerra, constante como a tenia que che roe os intestinos, como a auga salgada que se filtraba nos depósitos da gasolineira do aterrado de Bouzas, como o amor de Helena.
Xeolocalización
42.226391690739405, -8.754436907651353
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

ILLAS CÍES – AREAL DAS FIGUEIRAS
Abriuse a mañá amodo, pola parte do alto do Seixo, deixando que o mar gozase un pouco máis do sono e que os peixes tivesen tempo de irse espreguizando lentamente polos fondos do areal dos Alemáns.
Xeolocalización
42.231837182513594, -8.901140044589518
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

FÁBRICA DE ÁLVAREZ
A antiga fábrica de Álvarez sufrira de novo a noite anterior a rapina. Chegaran homes en furgonetas e desprenderan as uralitas. Da súa porcelana característica, pálida e delicada, xa non ficaba ren. Tampouco da maquinaria máis voluminosa, furtada había días. Na parroquia veciña de Santa Clara, o crego pedira polas familias que tiñan un ou varios dos seus membros sen traballo.
Xeolocalización
42.225631921008784, -8.674314459577952
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

PARQUE FORESTAL DO VIXIADOR
O hospital érguese nun dos montes sobre dos que se asenta a cidade que, nese sentido, imita lenemente a Roma. Cando moza, Helena fora algúns domingos ao Vixiador, unha pequena meseta do municipio, situada a máis de catrocentos metros de altitude e con vistas á baía, aos montes de Portugal e á serra do Suído.
Xeolocalización
42.251755366974365, -8.650407744685902
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

DON BOSCO
A muller penetrou entón nunha praza pequena, húmida e escura. Semicircular. A parte recta correspondía ao corpón sólido da igrexa de María Auxiliadora e a redonda a media ducia de edificios murchos, desgastados como estafermos terminais. No centro había un grupo de abetos, algúns xogos infantís e unha escultura en pedra que representaba a Xoán Bosco e a varios nenos, un dos cales tendía a súa boca fría á altura de medio corpo do santo.
Xeolocalización
42.23514314502508, -8.72364699041668
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

AREAL DE FONTES - BATERÍA - OLMOS
O luscofusco resulta aquí unha expresión estraña e o arrebol do poñente unha propiedade única dos areais de Alcabre, Os Olmos e Samil. Case non se ven borrachos, nin gatos, nin se ouven sirenas. A cidadanía repousa vendo películas de aventuras, mentres come carioca sobrante de mediodía ou fideos con ameixas ou zapata con allada.
Xeolocalización
42.22341418377449, -8.772785583307757
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

PORTA DO SOL
Helena Costa tardou aínda uns dez minutos en erguerse. Saíu en dirección á Porta do Sol. Baixou pola rúa da Carne de Cabalo, pasou fronte á vella oficina da Lloyd`s, da que só ficaban parte dos rótulos de madeira da fachada, logo cruzou baixo unha ponte escura, aínda coas portas do fielato.
Xeolocalización
42.23814724281723, -8.725446673241903
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

VÍA NORTE
A Vía Norte era un monte de arbusto baixos, de carreiros empinados e de casopas illadas. Diante da estación descubriu un grupo branco e amarelo que semellaban dun comité de recibimentos.
Xeolocalización
42.234738682262595, -8.710412330914119
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

PORTO DE VIGO
Desde a embocadura de Carral enxergábase a liña gris das augas cortada polos moitos cascos, paus e chemineas que sobresaían por riba dalgunhas casas antigas e entre os solares aínda sen construír. Chamado por aquel espectáculo, decidiu baixar e aproximarse ao porto.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

PRAZA DO REI (CAMPO DE GRANADA)
Na primeira páxina podíase ler: «Moza presa por roubarlle unha peineta a unha señora de Urzáiz. A delincuente vestía, no momento de ser detida, unha blusa que faltara o día anterior entre a roupa a secar no Campo de Granada».
Xeolocalización
42.23637884716341, -8.726710630758435
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias
Sinopse
Lois esperta un día pola mañá cedo e descobre que a súa muller xa non está na casa. Tampouco responde as chamadas telefónicas. A angustia da soidade inesperada, do descoñecemento e do temor, acaba por abrirse paso cara o temido fracaso da parella, a separación.
Cunha prosa musical e mordaz, Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960) fai confluír nesta novela, gañadora do Premio García Barros 2006, a historia dun home e dunha muller que se buscan e a dunha cidade, metáfora do Vigo actual, que, coma eles, tamén quere recoñecerse e aceptarse nas súas grandezas e nas súas miserias, no seu pasado e no seu presente.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2006
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Illas Cíes
Areal de Figueiras – areal dos Alemáns
Liña 10
Illas Cíes. Areal de Figueiras
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.