un señor elegante

toro, suso

 

Editorial Xerais

Localizacións

Porto de Vigo Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

VIGO

KYRIE ELEISON
Con eles viñeron de Santiago compañairos galeguistas da directiva da Patronato. Outros que acudiron desde Vigo pincharon unha roda do automóbil e acabaron presentándose a bordo dun camón que os recolleu.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica de Vigo vista desde o mar. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

UNHA IDADE DE OURO
Páraste a imaxinar que nun mundo tan pequeno coma o rianxeiro sería lóxico que ese mozo que estudou Náutica en Vigo e lía literatura accedese aos imán e á protección e oportunidades que ofrecía a familia Baltar a que se achegase.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

O GRAN DESENGANO
Amigo de Castelao, a quen seguiu a un mitin de Vigo, era partidario do estatuto de autonomía galego, socio de cota do Seminario de Estudos Galegos, a entidade republicana dedicada á cultura galega e aos estudos científicos e técnicos… Ángel era, dun modo natural e sen escenificación pública, republicano e galeguista.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Vigo panorámica Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

UNHAS VACACIÓNS TRANQUILAS
Forón quince días que estivo detido en Vigo. Eu lémbroos como tristes. Unha vez que o fun visitar encontrei aquilo moi lóbrego. Sentía certa congoxa mais aquilo nunca lle deu a sensación posteriormente de ser un mártir nin de ter padecido gran sufrimento, sen deixar de recoñecer que aquilo for arbitario e humillante.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Vigo Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

«¡VAYA POR DIOS!»
Conseguiches cita en Vigo cun fillo e un neto de dous dos procesados naquela ocasión. A véspera da viaxe, un anulou a cita por un imprevisto e outro estaba pendente de que entrase un oco entre unha ocupación profesional e outra.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Porto de Vigo Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

MARCO (CARCERÉ)

«¡VAYA POR DIOS!»
Ese raro entusiasmo que te posúe nese momento, e que xa tes vivido noutras ocasións cando estás a escribir un libro e percibes algunha leve epifanía, unha desas manifestacións do azar, fai que telefones a un dos fillos de Ramón e lle contes onde estás, os pasos fustrados que deches ese día en Vigo para completar o relato da caída e tamén a casualiadade de acabares a deambular polos corredores do antigo cárcere, e entón el fai memoria contigo ao teléfono.

Xeolocalización

42.23576123570263, -8.721132457741655

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Rúa do Príncipe Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRÍNCIPE

«¡VAYA POR DIOS!»
Precisamente nunha ocasión el acompañou a seu pai dar unha conferencia ao Círculo Mercantil de Vigo. Estaba situado nunha das rúas que baixan transversais a esa rúa do Príncipe en que está agora o museo que daquela era cárcere.

Xeolocalización

42.23703431895109, -8.722784702078062

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Sede Celta Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CÍRCULO MERCANTIL (PRÍNCIPE)

«¡VAYA POR DIOS!»
Non o podo saber, mais con seguridade ese día a esa palestra túa no Círculo Mercantil vigués sobre o Camiño de Santiago e os hospitais no Camiño asistiu o teu amigo Darío Álvarez Blázquez.

Xeolocalización

42.236526423954444, -8.722139688496389

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Porto de Vigo Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

PORTO DE VIGO

TRINTA ANOS
Antonio encontrou de fronte un muro frío e o alento da policía política detrás, que o apurou e acurralou, aínda que viaxaba con pasaporte diplomático, para que abandonase o país canto antes. Así o fixo, mesmo deixando quedar un auto abandonado, sen tempo a vendelo, no porto de Vigo.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Editorial Galaxia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

EDITORIAL GALAXIA

ADORADOR DEVORADOR DE LIBROS
Entre os teus papeis, as accións que compraches por valor de 2000 pesetas. Galaxia, editorial fundada como sociedade anónima en Vigo en 1950, foi moi importante na posguerra para ir recuperando a escrita en lingua galega, que fora interrompida tras a sublevación do 36.

Xeolocalización

42.24152907891535, -8.703226687988888

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Sinopse

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste.Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia. Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2020

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

MARCO Museo Arte Contemporáneo

Antiga cárcere

Liña 8

MARCO (Cárcere)

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar