Todos fomos
calveiro, marcos
Editorial Xerais
Localizacións

PRAZA DA MIÑOCA
A nena esvaecérase coma por arte de maxia ao regreso das súas clases de inglés na praza da Miñoca e nunca se volvera saber dela. O caso estivera nas mans do demo o principio.
Xeolocalización
42.2170563416439, -8.740517444401991
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

COIA
O barrio non mudara moito, polo que lembraba. Era un barrio obreiro e cunha importante contorna rural aínda. Nos anos oitenta revalizara con Coia por ser o barrio máis conflitivo da cidade: drogas, roubos, pelexas, atracos…
Xeolocalización
42.22179397942839, -8.74106079623981
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

AREAL DA PUNTA
Baixou cara á Punta pola avenida arborada que conducía á antiga base naval da ETEA. Paseou entre os edificios de pedra abandonados, que agardaban polos cartos precisos para unha rehabilitación anunciada moitas veces…
Xeolocalización
42.26020390884781, -8.697367194711024
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

MONTE DA GUÍA
Se chegara andando, como as feridas dos pés parecián indicar, debera acceder dende o monte da Guía, en cuxas faldras se amoreaba un lote de casiñas máis ou menos precarias entre grandes chalés de luxo.
Xeolocalización
42.25676250576314, -8.702584034336262
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

RÍOS
Lina desfixo os seus pasos e atravesou o paseo, bastante estragado, das instalacións militares para chegar ata Ríos, onde destacaban os guindastres e as gradas dos estaleiros, case pegados ás casas unifamiliares.
Xeolocalización
42.24653606121467, -8.70116056956841
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

UNIVERSIDADE
Mentres ollaba pola fiestra, Lina pensou que en Vigo había unha especial predilección por situar algunhas institucións o máis lonxe posible da cidade, nos montes da contorna. A universidade antes, e agora o novo hospital, complicándolles a existencia aos estudantes e pacientes con longos e sinuosos paseos en autobús, a non ser que un tivese vehículo propio.
Xeolocalización
42.170240304583764, -8.684728603413712
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

VALADARES
En Valadares, moi preto xa do hospital, o móbil interrompeu as reflexións de Lina sobre a idiosincrasia urbanística viguesa.
Xeolocalización
42.17547875587865, -8.722586102079712
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

VULCANO
Iso só podía significar que o zulo onde supostamente a retiveran todo este tempo tiña que estar polos arredores de Ríos, ou como moito da outra banda do monte da Guía, no peirao da Lagoa ou preto das instalacións de Vulcano.
Xeolocalización
42.25081598521799, -8.702215473085692
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

CARRAL
Cando chegou corricando despois de que un taxi a deixase na rúa Carral, Andrés xa tomara media botella de viño e fedellaba no móbil, sentado nun tallo na barra.
Xeolocalización
42.23862863346717, -8.72475300959445
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

TEATRO GARCÍA BARBÓN
E uns días despois os directivos aceptaron encantados a súa proposta cando lles garantiu que todos os gastos serían cubertos co patrocinio da grande entidade bancaria galega, que ademais cedía o seu gran teatro en Vigo para que o programa matinal se puidese emitir en directo para todo España.
Xeolocalización
42.23805915663334, -8.723404744263311
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

RECONQUISTA
—Todo se pega! —berroulle Lina sorrindo mentres Belén se afastaba pola rúa Reconquista maldicindo.
Xeolocalización
42.238489514554715, -8.723174202077915
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

ILLAS CÍES
A illa de San Simón, Vilaboa, a impoñente ponte de Rande e logo toda a ría enmarcada polas Cíes ao fondo.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

ETEA
Lina xa percorrera o barrio varias veces, Sanjurjo Badía, Doutor Corbal, Enrique Lorenzo, Maceiras, incluso baixara ata a ETEA pola avenida da Mariña, e nada.
Xeolocalización
42.25728594988878, -8.694912725252811
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

PARQUE DA RIOUXA
—As patrullas xa se despregaron e andan na súa procura pola Riouxa adiante. Non creo que tarden en collelo.
Xeolocalización
42.25749344044968, -8.683065817075686
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

PORTA DO SOL
Andrés colleu o mando da televisión e mudou para outra canle. Xa estaban a repicar os cuartos no reloxo da Porta do Sol.
Xeolocalización
42.23814724281723, -8.725446673241903
Liña literaria
02 Liña Casco Vello
Sinopse
Seis anos despois da desaparición de Natalia, unha chamada do pasado esperta unha mañá á inspectora Lina Souto: a rapaza apareceu espida e viva nunha praia de Teis. Comeza así unha trepidante carreira contra reloxo para descubrir o acontecido durante todo este tempo e, quizais, tamén para salvar a vida dun meniño. Mentres, os medios de comunicación sensacionalistas -coa inefable presentadora Belén Soliño á fronte- entorpecen a investigación e a resolución do caso.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2023
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Parque a Riouxa
Teis
Ricardo Bofil
Liña 4
Riouxa
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.