que me queres, amor?
Rivas, Manuel
Editorial Galaxia
Localización

MAR DE VIGO
A LINGUA DAS BOLBORETAS
Loitamos con paus e pedras en Ponte Sampaio contra as tropas de Napoleón. Mais non todo eran guerras. Faciamos fouces e rellas de arado nas ferrerías do Incio. Escribimos cancioneiros de amor en Provenza e no mar de Vigo. Construímos o Pórtico da Gloria. Plantamos as patacas que viñeran de América. E a América emigramos cando veu a peste da pataca.
Xeolocalización
42.24140308412322, -8.824935816612497
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

O BERBÉS
UNA FLOR BRANCA PARA OS MORCEGOS
A Camilo Nogueira
— Si, son bo —murmurei mentres me puña o abrigo. O da señora era un piso da parte antiga, sobre o Berbés dos pescadores. As escaleiras renxían, pero pagaba a pena chegar até alí. Desde o ventanal, a vista da ría de Vigo, na noite, o cinemascope da lúa sobre as illas Cíes espertaría o sentido poético a un traficante de armas. Era o lugar ideal para que dous namorados galopasen polo mar até o amencer.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

CRISTO DA VITORIA
UNA FLOR BRANCA PARA OS MORCEGOS
A Camilo Nogueira
Alí estaba o ditoso televisor, como nun altar, rodeado de pezas dun museo doméstico. Sobre tapetes de encaixe de Camariñas, fotografías enmarcadas, candelabros, un reloxo engarzado nunha pedra de cuarzo, un galo de Barcelos, un hórreo de alpaca, un artístico porrón de Buño, un botafumeiro de prata, un Cristo da Vitoria, cunchas de peregrino. Na pantalla, raias, unha continua interferencia.
Xeolocalización
42.239452839424295, -8.726097701922168
Liña literaria
E Liña Especial

RÍA DE VIGO
UNA FLOR BRANCA PARA OS MORCEGOS
A Camilo Nogueira
Aquilo pareceu convencela e creo que xa durmía cando chegou ao final do corredor. Eu, en cambio, por algunha razón, sentíame agora sen acougo. Despois de adicar un cigarro á saúde da ría, sentei no sofá, fronte ao televisor, e agardei que actuase como somnífero.
Xeolocalización
42.24140308412322, -8.824935816612497
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

ILLAS CÍES
UNA FLOR BRANCA PARA OS MORCEGOS
A Camilo Nogueira
Abrín o ventanal, saquei a pistola e disparei á lúa das Cíes para ver se se desangraba.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes
Sinopse
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
1995
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Cristo da Vitoria
Concatedral – Colexiata
Liña Especial
Cristo da Vitoria
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.