pronto hei de volver

Castro Moure, Amador

 

Editorial Xerais

Localizacións

Porto de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTO DE VIGO

O comandante tiña que asinar unha autorización para emigrar onde había que poñer o día que ía embarcar. Aquel papel era importante porque unha copia, cunha foto miña, era para o inspector de emigración do porto de Vigo. Quedamos con el en deixar a data en branco para enchela cando tivese a pasaxe e soubese o día exacto.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Porto de Vigo

PORTO DE VIGO

O día dous de xuño de 1956, coa maleta na man, despedinme do teu avó, dos choros da túa nai e mais das túas tías e marchei na Directa para Ourense. Alí collín o tren cara a Vigo, onde o Agostiño me reservara un cuarto nunha pensión que non quedaba lonxe do porto.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Vigo panorámica Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Polo menos comigo foi así. Preferín pasar a tarde dando voltas por Vigo e esquecer o mal trago pensando que o día despois estaría navegando polo océano. Marabillábame o movemento de autos e camións e xente, as mulleres cosendo nas redes de pesca e a cantidade de comercios que había por todas as partes.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Rúa do Príncipe Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRÍNCIPE - LA FAVORITA

Na zapataría La favorita merquei uns zapatos finos para entrar en Venezuela con bo pé. Gardeinos na maleta. Despois fun oa cine. Nunca antes fora. Habíache tres en Chantada, pero coa cosa de aforrar levaba a mesma vida que un frade. En Vigo había tantos onde escoller… o Niza, o Odeón, o Xesteira… non sei, moitos! A cada paso dabas con un. Entrei no que me pareceu e vin unha película que se chamaba Veinte mil leguas de viaje submarino.

Xeolocalización

42.23703431895109, -8.722784702078062

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

As Avenidas.- Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AS AVENIDAS

Ás catro da tarde de onte, cando se encontraban xogando no espigón exterior da dársena das Avenidas, onde está o edificio deportivo do Real Club Náutico, varios nenos divisaron o corpo de María Vitoria Candeeira Branco, de dezaseis anos, flotando na auga.

Xeolocalización

42.232139200297446, -8.731232735573533

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Cemiterio de Pereiró Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CEMITERIO DE PEREIRÓ

O xulgado de instrucción de Mariña instruíu as oportunas dilexencias, trasladándose o cadáver ao domicilio de nai, viúva, desde onde hoxe será conducido ao cemiterio de Pereiró para recibir sepultura.

Xeolocalización

42.209243202779454, -8.733662801923119

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Fátima. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

FÁTIMA

Dá as máis expresivas grazas a todas as personas que na mañá do pasado domingo se dignaron asistir ao acto de condución do cadáver ao cemiterio de Pereiró, ás que testemuñaron a súa condolencia por medio de tarxectas, sinaturas e telegramas, así como ás que asistiron aos funerais que polo seu eterno descanso se celebraron o día de onte ás nove na igrexa parroquial de Fátima.

Xeolocalización

42.2345384390888, -8.707701330909508

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Cemiterio de Pereiró Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CEMITERIO DE PEREIRÓ

Ao participar ás súas amizades tan sensíbel perda, pregámoslles unha oración pola súa alma e a asistencia ao acto de condución do cadáver, que terá lugar hoxe ás 11 da mañá, desde a casa mortuoria, José Antonio, número 80, ao cemiterio de Pereiró, así como tamén aos funerais que polo seu eterno descanso se celebrarán mañá luns ás nove da mañá na igrexa parroquial de Fátima, favores polos que lles quedarán eternamente agradecidos.

Xeolocalización

42.209243202779454, -8.733662801923119

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Peirao transatlánticos, estación marítima. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTO DE VIGO

Desdobrei os papeis. Eran retallos do xornal El Pueblo gallego. Un detallaba os barcos que sairían do porto de Vigo os días seguintes ao 2 de xuño de 1956. Outros dous alertaban os migrantes de posibilidade de seren enganados por persoas sen escrúpulos.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Peirao, Náutico. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PEIRAO

O libro, organizado por décadas, fai unha breve referencia á presunta violación e asasinato, en Vigo, dunha nena de dezaseis anos chamada María Vitoria Candeeira Branco nos anos cincuenta. Uns nenos que xogaban no peirao atoparon o corpo na auga.

Xeolocalización

42.24250421300902, -8.727259159848169

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

prueba foto

GRAN VÍA

Aínda tiña que estar contenta por que non me levaran presa nin me pasearan pola Gran Vía co pelo rapado por ser a muller dun anarquista. Así que cando me ofreceu casa e comida por coidar dos pobres coitados que metían no burato, como non ía aceptar? Si, rapaz, non poñas eses ollos.

Xeolocalización

42.22668953936956, -8.721173430909756

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Zona Vella - Casco Vello. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ZONA VELLA

O sol ameaza con marchar cara ás terras americanas e comeza a nos negar a súa luz. O casco vello non queda lonxe e decido arrodear subindo cara arriba, para cansar un pouco o cadelo, até un lugar chamado O Castro que é a parte máis alta da vila.

Xeolocalización

42.239140329742284, -8.727215201394822

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Sinopse

Para Chiqui, todo comezou cunha bala. Mais antes, para que ela chegase a existir, foi precisa a emigración a Venezuela de finais dos cincuenta: destinos cruzados desexando sucar o océano a bordo de barcos de vapor. «Pronto hei de volver» é a historia de Rosario de Chiquinquirá, unha asasina a soldo, residente no infame barrio de Petare, que quere deixar atrás a vida que leva malia estar convencida de que non existe o «ascensor social». Tamén é a historia de Castor Varela, que quixo ir, mais nunca chegou a poñer un pé en Venezuela. E tamén a de Policarpo Luxilde, que foi sen querer e encargou a morte do Castor. En definitiva, unha historia de vidas cruceiro que só alcanzan a súa razón de ser na existencia das outras.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 02

Casco Vello

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2023

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Cemiterio de Pereiró

A Cruz Vermella de Vigo aos repatriados de Cuba e Filipinas que faleceron nesta cidade 1898

Julio González Pola

Liña 8: Príncipe - Beiramar

Dársena A Laxe

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar