memoria do silencio
mejuto, eva
Editorial Xerais
Localizacións

ESTACIÓN DE TREN
Desde que entraran no tren en Vigo, a xente deixara de falar, de moverse, case de respirar. A súa presenza non provocaba reaccións tan fulminantes coma en Alemaña ou Austria, onde cada vez que entraba nunha casa, nunha tenda, nun tren, escoitaba caer as pingas de suor da xente, sentía como esvaraban das tempas ao pescozo, formando regueiros polos seus rostros.
Xeolocalización
42.23454198605381, -8.71376122376149
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

VIGO
A primeira vez que viñera a esta parte de España fora coa Wehrmacht e a Luftwaffe, acompañando a garda de seguridade de von Richthofen a Vigo na despedida da Lexión Cóndor. Aínda gardaba un recorte de xornal daquel día.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Sospeitábase que a rede guiaba os prófugos por toda a Península e a conexión final ficaba no sur de Galicia, unha vila con tren preto da fronteira con Portugal. Os seus superiores pensaron en Vigo pero Günter, que tiña ben estudada a rexión, tiña claro que se trataba de Ribadavía.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Xa o coñeciamos de cando estivera destinado en Vigo, antes da guerra. Nós estabamos afeitas a tratar con persoas de toda caste e condición. O noso quiosco era, e aínda é, parada obrigada para todos os que pasan pola estación.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

ESTACIÓN DE TREN
Günter observaba os trens que viñan de Madrid, de Vigo, de Monforte, os que ían a Ponferrada. Non detectou movementos estraños, de non ser os que traficaban a pequena escala.
Xeolocalización
42.23454198605381, -8.71376122376149
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

VIGO (KAOLINO)
Eu direi que é un amigo dos meus tempos da emigración en América, que traballas no Kaolino en Vigo, e que estás de días libres.
— Kaolino? Iso que é? — preguntou Frieda.
— O barco que usan para trasladar o volframio desde as minas de Varilongo, máis ao norte.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2019
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Vialia Vigo
Estación de tren
Liña 3
Estación de tren – Vialia
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.