Final feliz

queipo, xavier

 

Editorial Xerais

Localizacións

Vigo panorámica Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

A NAVALLA
Despois de tres días de temporal pechado mentres atravesou por riba de nós unha baixa que nos mantivo inactivos, os mariñeiros tiñan fame de peixe, que vén ser o mesmo que fame de cartos, pois da bodega de peixe salgado é de onde come a tripulación, de onde todos levamos porcentaxe e quiñón, que a soldada fixa ben ruín que é. Fixéronse moitos intentos de mellerar a soldada, mais o único que se conseguiu foi ficar no paro cada vez que o navío regresaba a Vigo, que é un atraso dos peores, pois a paga é aínda menor e as contas non dan para coller unha pensión decente.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Porto de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTO DE VIGO

A NAVALLA
Os navíos estaban coas bodegas case cheas, de xeito que, logo de facer unha chamada ao armador, aos poucos día, que foron de loito e de silencio, puxemos rumbo a Vigo, porto de acollida onde estaba á nosa esperanza. A travesía durou máis do habitual, pois demos con ventos encontrados e tardamos sete días en chegar á altura das illas dos Azores, polo norte, que era a ruta seguida cando de regreso á casa. Foron días de temporal por dentro e por fóra, pois nada hai máis triste nun navío que regresar a porto sen algún dos seus tripulantes, e peor aínda se este foi engulido polo mar e non se deu atopado o seu cadáver.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Panorámica de Vigo vista desde o mar. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

A NAVALLA
Cando o cho abandonou o comedor dos oficiais, logo de mollar a palleira máis unha vez e declarar as excelencias do prato, o xefe de máquinas comezou un relato, do que tardei en coller o fío, pois contaba a saída de Vigo con luxo de detalles, como fora que cruzaran no mar de fóra cun par de planadoras que entraban na ría de Arousa e como tras delas apareceu un helicóptero da Garda Civil e outro do Servizo de Vixilancia Aduaneira, e a persecusión subseguinte que non puideron seguir até a fin, pois ían arrombados cara ao solpor, na dirección contraria ás planadoras.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

NEREA
En chegando o sábado acordou no apartamento que Daniel compartía con dous rapaces de Vigo. Daniel era un amor alternante, pois se ben se gustaban e o sexo entre eles acadaba niveis de pluscuamperfección sensual, os dous estaban aínda algo atrapallados na vida: […]

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Sinopse

Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os fantasmas sexuais en gloriosa promenade; vemos medrar a hedra do tempo no medio dunha gran nevarada en Viena; notamos o vaivén das ondas nos afastados mares de Terranova. Xavier Queipo preséntanos historias impregnadas de sensacións oníricas, que asentan nas lecturas, na experiencia vivida, na observación da natureza, e que conforman un novo elo no universo literario do seu autor.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña Circular

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2022

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Ría de Vigo

Liña 8

Porto de Vigo

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar