Os fillos do lume

Feijoo, Pedro

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

PANIFICADORA

A famosa Panificadora, en pé desde o ano 1924. É a sombra da súa mole durante o día, ou a súa silueta recortada contra o ceo pola noite, o que vexo cada vez que saio do edificio onde teño o meu estudio, alá abaixo na rúa do Paseo de Afonso XII.

PORTA DO SOL

A Porta do Sol estaba chea de xente, desde a cúpula do Hotel Moderno ata a cola do Sireno, no alto do seu pedestal.

PANIFICADORA

…a Panificadora. Logo de máis de sete lustros de abandono, chegaba a promesa dun novo futuro para o vello complexo industrial, aínda en pé en pleno centro da cidade (se ben cada día con máis dificultade), na mazá comprendida entre as rúas Falperra, Cachamuiña e Santiago.

URZAIZ CON GRAN VÍA

Os oito pisos de altura desde a esquina de Urzaiz coa Gran Vía seguían convertendo o apartamento nun miradoiro incomparable sobre a ría de Vigo.

COLEXIO CLUNY

Subiamos pola rúa, deixando atrás o soar onde durante máis de oitenta anos estivera o antigo colexio Cluny, obra do arquitecto Antonio Cominges, agora varrido da memoria da cidade para construír no seu lugar unha moderna residencia de anciáns.

IGREXIA SANTA MARÍA DE VIGO

Camiñando sen présa entramos na cidade vella pola Porta do Sol, e deixamos atrás a terraza do concorrido café Don Gregorio, escenario dalgún dos nosos primeiros encontros. Atravesamos a praza da Constitución e, deixándonos caer pola rúa Triunfo, demos por fin co muro sur da igrexa de Santa María de Vigo.

Situado no número 14 da rúa Real, o edificio da Casa Bárcena é outra desas xoias arquitectónicas que garda o barrio vello da cidade. Finalizada a súa construción en 1863 baixo a dirección do arquitecto Manuel de Uceda, a casa de Manuel Bárcena é en realidade un pequeno palacio, unha das mellores mostras do eclecticismo clasicista galego.

CASTRELOS

De maneira que alí estabamos, subindo a ruela que desde a avenida de Castrelos dividía o parque en dúas metades: a do auditorio á nosa esquerda, a do estanque á dereita.

HOTEL CONTINENTAL

Quen non se fascinaría ante o esplendor dun edificio como o do desaparecido Hotel Continental, daquela o máis luxoso da cidade?

RÚA LEPANTOL

Alá abaixo, na esquina de Urzaiz coa rúa Lepanto, un home ollaba na dirección do noso apartamento.