Luz de Tebra

Vázquez de la Cruz, Ánxel

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

NAVIA – MATAMÁ

En San Paio de Navia collemos polo labirinto de corredoiras cara a Matamá, sempre vixiantes de que non nos seguían. Xa ao pé do cruceiro da igrexia parroquial, na noite xélida e sen vento, a monxa berrou cara a un alto muro de pedra:
-¡Aurita!

VALADARES

Sen apenas dicir adeus emprendemos a viaxe nocturna, primero en dirección a Valadares e logo, xa algo máis tranquilos, enfiamos as curvas entre as casas ciscadas da subida á Garrida. A furgoneta pareceu participar da aventura e cobrar bríos ao gabear polas costas de San Colmado.

ILLAS CÍES

E, sempre en fronte, o desaforado lombo do Morrazo, rendéndose por fin ao mar en cabo de Home, nunha delgada despedida de piñeiros, xa ao pé das Cíes: as illas de múltiples faces: ás veces naves fantasmais na grande chaira de néboa; pirámides, ás veces, nos desertos vermellos dos demorados solpores do verán; as tres irmás, espidas de si mesmas como as viu Lugrís; …